martes, 12 de septiembre de 2023

CAVIAR

 

  Leva un tempo desaparecido o merliño...

  Díxome que necesitaba unha reparación e saíu voando fai días...

  Contáronme que o viron papeando bacallao pola "Terra dos Patricios", unha das súas grandes debilidades...

  Tamén que xa voltara, pero que decidira non dar señais de vida polo niño e continuar a rebilitacion nos asteleiros do Paraíso...

  Quizais pensando que era un bo xeito de pórse a tono para unha "Juadalupe" que xa peta na porta, pobre de quen non teña as cadernas preparadas para tanta troula que nos espera...

  Saín onte á tarde a dar un paseo pola ribeira para ver se escoitaba seu trino. Axiña o atopei,  a póla dun vello carballo a carón do asteleiro dáballe acubillo a seu canto...  

  Sabía que estaría preto ollando o solpor, é un sibarita...

  Amigo merlo, estás de espectador ou en "estambai" para reparar as alas no asteleiro...?, pregunteille para rachar un xeo máis imaxinario  que real.

  As alas e o espíritu, Xaquín...

  Corpo e Alma sempre surcan xuntos as augas e o aire...

  A vida non é máis que a experiencia acumulada na travesía dos mares polos que navegamos e os ceos polos que voamos...

  O deterioro do Corpo por tódolos avatares sufridos, e a satisfacción da Alma polo disfrutado...

  Por tanto, Amigo Xocas, entrar no asteleiro a reparar de vez en cando é necesario. 

  Máis que necesario unha obriga, merliño. Ter a sorte de reparalas nos asteleiros do Paraíso,  coas festas da Moreniña na volta da esquina, é un privilexio, CAVIAR reservado a uns poucos... 

  Feliz rehabilitación teñas, larpeiro...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                  Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario