martes, 12 de septiembre de 2023

GOTEIRAS GROSAS


  Camiñaba pola ponte sobre o río Te allea ao espectáculo de cores que o sol representaba na Ría...

  Será feliz, merliño...?

  Pode que nen ela o saiba, Xaquín, dime o merlo mentras ollamos pampos o solpor no Paraíso.

  Amigo merlo, agora que ninguén nos escoita,  direiche unhas preguntas que me fago cando observo a reacción das persoas diante da nai Natureza, non sei se porque son un psicólogo frustrado, ou como din aquel@s que escoitan nosas conversas, teño de verdade unhas pingas de tolemia :

  Mostra sorpresa ollando un abrente...?

  Voará o seu maxín diante dun arco da vella...?

  Mirando un solpor, escatálanselle os ollos ou pasa indiferente...?

  Axeónllase diante do Gran Templo da Natureza...?

  Sorrí diante dela...?

  Podería seguir, merliño, neste caso non fai falla...

  Ante o espectáculo que ten diante pasa  mostrando unha total indiferencia, nen un sorriso nos beizos.

  Para axiña, Xocas. Sorrisos e Natureza sempre presentes no teu xeito de ollar a vida.  Daí a tratar de saber se unha persoa é feliz a través dun solpor e un posible sorriso vai un bo treito...

  Se unes a elo o tipo de conversas que mantés conmigo, fala ben ás claras de que, cánto menos, Xaquín, tes unhas pingas...

  GOTEIRAS GROSAS, diría...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                                    Xaquin Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario