domingo, 17 de septiembre de 2023

"MAESTRO"

Amigo merlo, son obriga hoxe unhas verbas pola miña parte nesta humilde páxina para despedilo...

Non están todos na fotografía, pero son unha boa representación dunha feliz etapa da miña vida como adestrador...

Mágoa ter que votar man dela para recordar e darlle o derradeiro adeus a un GRANDE co que tiven a sorte de atoparme, e que hoxe nos deixou para sempre...

"MAESTRO", era o nome agarimoso co que saudaba cada domingo no campo de San Lázaro a don Julio A. Mato, "Matito" para todo o mundo do fútbol de Noia e bisbarra...

Tempo dempois, o campo foi bautizado como "Julio Matito", con tódolos merecementos humanos e deportivos, pero non estou aquí para falar deles, e sí do seu exquisito trato cos rapaces e para conmigo...

Non era unha praza fácil a de Noia para os adestradores cando a directiva do Clube apostou por Óscar Rial e un servidor para coller as rendas do equipo e tratar de levalo a bo porto...

Pasamos por moitas vicisitudes, as malas déixaos no olvido...

As boas permanecerán para sempre na lacena da miña Alma, supoño que tamén na de todos os que formabamos parte daquela gran familia do CF Noia...

Mención especial para as charlas que mantiven co "MAESTRO", educado, positivo, enchéndonos de ánimos sempre...

"É un pracer vir os domingos ao fútbol e ver xogar este equipo, míster", eran palabras que repetía a miúdo, e que vindo del, aparte de incharnos o peito, somos humanos, eran combustible para continuar con máis fe o traballo.

De ben nacidos é o ser agradecidos, Xocas. Alá onde se atope, de seguro estará feliz de ler as túas verbas.

Merliño, foi un pracer grande o habelo coñecido, que a terra lle sexa leve.

Ata sempre, "MAESTRO"...!!


O Paraíso existe 



                                   

                                                                     Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario