Día Mundial da Poesía...
Esperto...Dubido que poidera haber un amencer máis fermoso para celebralo...
  Ollar o sol asomar sobre o Xesteiras dándolle cor ao Ulla, o río que bica as Brañas, a Terra de Rosalía, é poesía en sí mesmo...
  Nada máis lexos que pensar que o sexa o que escribo, sería un atrevimiento, pero aquí estou, coma cada día, diante dunha cuartilla esperando que o deus Apolo me vote unha man e poida expresar o que sinto...
  Máis que o que sinto, é hoxe un desexo, mesmo que pareza un soño agora mesmo...
  Pero un soño é a vida, decía Calderón de la Barca, e tamén a poesía...
  O soño de que axiña espertemos deste pesadelo no que se atopa inmerso a humanidade, e atopemos un CEO AZUL de esperanza sobre o que voar en libertade.
  Día Mundial da Poesía...Domingo...Traxe, gravata, paseo...
  Querid@s AMIG@S, teño unha cita co máis puro sarcasmo transformado en poesía...
  Firmará que son apto...? Dame que non vai ser doado pasar a itv...
  Qué nervios...!!
Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario