martes, 30 de marzo de 2021

REFLEXIÓN...DOCES SOÑOS

 Luns, salvo para os zapateiros, todo o bo remata...

Prohibido renderse, sentía sin embargo de mañá mentras ollaba o Val, envolto aínda na oscuridade, dende a fiestra.
Afronta a vida con precaución, recordoume a Alma nunha longa noite de pesadelos...
Plántalle cara aos problemas, supera os medos i escribe novos poemas que saian dun corazón esperanzado...
Non son momentos para ir a peito descuberto pero sí ilusionado, ou levaranche por diante.
Luns...Ollar dende "galeras"a lúa agochándose sobre Cortegada é coma espertar dunha noite de soños estraños e atopar un regalo...
É sentir o ceo aberto, pórlle tacóns á Alma, pisar forte sobre as recén estopeadas cadernas e comprobar que están firmes...
Deixar no peirao as penas, pór a roupa de augas, navegar sobre os problemas...
Buscar mares embaucadores, surcalos...
É, querid@s AMIG@S, co Paraíso diante, ter de novo DOCES SOÑOS..!!






Xaquín Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario