domingo, 21 de marzo de 2021

ENTENDER A VIDA

 

  Por qué ti es grande?

e eu tan pequena

por qué nos confunde a noite?

Cando hai lúa chea

 

non son ninguén

non valgo nada

se non loito na vida

se non loito con ganas

 

eu non son forte

nin pretendo selo

solo son o que ves

no reflexo do espello

 

un espello en anacos

que a vida foi rompendo

cando ainda era nena

e tiven que deixar de selo

 

espertando un día

sendo nai de tres criaturas

sen tempo a medrar

tiven que coñecelos criados

 

aprender a medrar

sin que importen os anos

os anos eran poucos

para tantos traballos

 

ahí estaba eu

soiña na cama

con tanto pañal

nesa loita diaria

 

eran tempos confusos

eu chea de dúvidas

se sería boa nai

desas tres criaturas

 

o tempo era pouco

e pasaba de presa

cando me dín conta

xa finara esa nena

 

os nenos medraron

máis quedaron as dudas

se toparían o camiño

para seguir a andadura

 

non puden quitar as pedras

que topei no camiño

só puden facelos fortes

para andar amodiño

 

agora xa son pais

porque así o elixiron

tócalle a eles agora

ensinar ós meniños

 

a vida, non e vida

se non a bebes  a modo

saboreando cada intre

mentres non estés morto.

  Paki Espiño,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario