sábado, 20 de marzo de 2021

REFLEXIÓN...PARABÉNS, MEU SOL

 Hai días que marcan a vida...

Fai 8 anos hoxe, unha estrela anunciaba o nacemento dun novo SOL...
Chegaba Xoel ás nósas vidas, o meu neto preferido, ese neno sempre pegado a unha pelota ou un peluche, ese marabilloso rebolizo...
As circunstancias da vida, difíciles para tod@s, fixo que no último ano non poidéramos disfrutar súa avoa i eu da súa presencia, salvo en contadas excepcións...É coma esperar o cego pola vista.
É o que toca, escoito alá dentro. Virán mellores tempos e poderá seguir sendo esa cullerada de mel na vosa vida...
Esa colmea enteira que son @s net@s na vida dos avós, a razón para seguir camiñando, dime o Amigo merliño...
Que sexa así por moito tempo, será meu desexo no momento de apagar as velas.
Hai días que marcan a vida, e a miña dende fai hoxe 8 anos márcana dous SOLES...
Un, aparece tódolos días para darme vida...
Xoel, amenceu un día coma hoxe para alegrarma, graciñas.
PARABÉNS
, MEU SOL...!!
Tamén para Vanesa, súa nai, que está mañá de cumple, e para David, seu pai e meu fillo, por un neno marabilloso...
Mil grazas aos tres por tanto...!!
E para tod@s vós, moi feliz día do Pai, non me esquezo dos Xosés...!!
Hoxe, máis que nunca, traxe, gravata...
Co cartafol das cores colgado das alas do corazón, voo na procura de soños...
Querid@s AMIG@S, de hoxe nun ano...!


Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario