sábado, 20 de marzo de 2021

LADEIRAS MOLLADAS

 

  Estampado de amarelo

quedou a veiga é o prado

engaiolándose o sol

nos primeiriños de Marzo

 

ven de sacudilo inverno

coas bagoas espalladas

en longos carreiros de auga

pola ladeira baixando

 

faise a tristura do Ceo

e rise o mar tocado nel

xa perdeu o tempo o día

e deíxouse estar con él

 

bicos dá o sol no mar

cando está prendendo a noite

saca as galas máis fermosas

pedíndome que as escoite

 

chegan as flores sorrindo

subindo pola ladeira

dándolle a benvida ó día

debuxando a súa bandeira

 

mézclase o día coa noite

coa calma da marea

vai subindo e vai baixando

acariñando na area

 

as estrelas insumisas

van retrasando a chegada

para deixar deitalo sol

na súa cama dourada.

  M. Dolores Ríal,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario