domingo, 15 de diciembre de 2024

O MUÍÑO

                      O MUÍÑO


 Eu quero contar a todos a historia de un muíño, un muíño moi fermoso que pretiño está do río. Día e noite non paraba o run run de susurrar, era muiño de maquía que pra moitos tiña que moer naqueles tempos dantaño, pra broa poder facer e tamen alimentar ó gando e facer bolos da sartén.

Aló cada semana como facía cada quen, ía o noso Mingos co seu millo pra moer, o saco facía de gorro coa atadura ó revés, os camiños eran estreitos e anque o can levaba con él, tamén levaba o farol pra ver onde poñia os pés.De vez en cando, un ruido ó can facía ladrar e Mingos, por medo e precaución, parábase a escoitar un ruxe ruxe moi forte naquela noite silenciosa. anque o vento estaba a soplar. Un pequeno escalofrío, a pel de galiña a Mingos púñanselle naquela noite escura, a ninguén se podía ver.

 Na súa mente preocupada mil presaxios estaban a pasar, será a cruxa ou a raposa, mesmo a Santa Compaña podería ser, máis poñendo o oido fino pronta se decatou que aquel ruido era algo natural, o vento fino facía os eucaliptos rozar naquel silencio da noite. Aquel ruxe ruxe facía a calquera temblar. 

Son historias dos muiños que estiveron a pasar. 

Mingos, despois do longo camiñar, chegaba ó muiño, o pousadoiro ó pé da porta pro saco descansar, estaba todo pensado pra non ter que anicarse pra voltar a cargar o saco

 Había que esperar turno.  Outro veciño estaba dentro coa faena a piques de rematar e mentres tanto, tocaba parodia, falar do tempo ou a alguén sempre habia   que criticar. 

Como o que estaba  moendo tiña que ver a fariña, o farol tiña encendido e Mingos o seu apagado, o can facía garda e aquel run run faciao adormecer. Ó carón do pé do amo facía o seu retén.  O muíño é vello, pero pra Mingos o mellor, anque había outros, estaba o de "abaixo" o do "medio" o de "mais aló" , este era o mellor, ainda que lle tocase de noite e  tivese que pasa medo,  non pensaba en mudalo. O perigo de unha ponte estreita que tiña que cruzar non lle importaba, o camiño sabiao de memoria co seu farol  e a compaña do seu can. 


 Tino de Bugallido, 2024


No hay comentarios:

Publicar un comentario