Non faltará quen entenda este apesarado canto, anticipo dun longo e necesario silencio, abur.
"Longa noite de pedra..."
Levántome triste, nin desexos teño de abrila fiestra e ollalo abrente, ben seguro que agora mesmo polas meixelas das Brañas esbalan unhas melancólicas bágoas, non quero miralas...
Asubiáronme os oídos toda a noite, non peguei ollo, non podía crer o que estaba escoitando...
As veciñas dunha páxara Amiga dicindo que ten un mozo mago, que lle bota un polvo e desaparece...
Son unhas malas línguas, e xa non saben esas vellas cómo rañala, ou é unha peste que entrou de repente.? Merliño, dame que ti telo mesmo problema.
Amigo Xocas, semella que o mundo está cheo de magos.
Noto un certo resquemor nesas verbas, larpeiro, ou van con retranca...?
E se o problema é o permanente desexo que tedes de libar, de que a pluma sexa unha variña máxica que saque a diario unha flor da chistera, por pequerrecha que sexa, e torcédelo xesto se non é o caso, ben porque se gallou a pluma ou quedou sen tinta, ou o que é pior, fíxose noite no xardín da Alma...?
E vós, mentras tanto, batendo nas paredes cos morros no lugar de acougáredes á espera de tempos mellores.
Dirás co peteiro, Xaquín.
Chámalle cómo queiras, merliño, vexo que a pesares non perdéchelo sentido do humor...
Anda que non estades mal afeitos, xamais parecedes fartos de alpiste.
Amigo Xocas, OS SILENCIOS, que nas composicións musicais sirven para dar un moi necesario respiro, no pentagrama da vida tamén falan e marcan os tempos...
Hai noites oscuras, nas que só se escoita un profundo silencio, e que van máis alá de que deixen de alumear as farolas...
Días sen cor, o pentagrama da Alma parece estar morto, nun encefalograma plano permanente.
Non sempre hai flores no xardín da Alma, merliño, ou están murchas, e da chistera todo canto sae é unha "procesión de caladiños" que ás veces berran.
Gritos de auxilio, Xaquín.
Se así o sintes, Amigo merlo, din que unha retirada a tempo é unha victoria...
Pero neste caso, pechar o tinteiro só o vexo cómo un xeito de sobrevivir nun mundo que non teño claro que che comprenda...
Fuxir, deixar de picar pedra, merliño, non é outra cousa que unha pírrica victoria...
Aburiño de igual xeito...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario