domingo, 1 de diciembre de 2024

CÓXEGAS NA ALMA

 

  "Non se fixo a mel para o fuciño do porco" é un dito que a miúdo escoito e que vén de moi vello...

  Os arcos iris tampouco, ou eso parece, para quen non soña...

  Nunca hai dous amenceres iguais nen sequera semellantes e, salvo aquel@s con pingas, a xente non se levanta para ollar o que contan...

  Sorrí a lúa, testigo dunha incruenta pelexa, o pulso por ver quen espalla o canto máis apaixoado coa alba das Brañas, un trino e un quiquiriquí ao pé da graneira no alto do Campo da aldea de Bexo...   

  O merlo, co traxe e gravata impolutos, e o galo, coas cores vermellas brillantes, enfrontados diante dun arco da vella, o paraugas que protexe o ceo do Val dunha chuvia ameazante...

  Indiferencia para a maioría, para algúns unha preada...

  Quizais berros de auxilio de Almas ardendo no lume do inferno, para aquél@s que aínda se deiten.

  Traxe, gravata, é domingo...

  Pousa o cicel e olla o abrente, que fala unha linguaxe que pouc@s entenden...

  CÓXEGAS NA ALMA do picapedreiro...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                       Xaquin Miguéns Ces





No hay comentarios:

Publicar un comentario