O MUIÑO (2 parte)
Unha noite de vento e treboada que parecía desfacer o Ceo, caeu un gran ameneiro no medio e medio da ponte, pobre Mingos e o seu can que por aquela ponte do muiño non se podía pasar. Coas polas do ameneiro e o seu tronco bestial, fixeron que o noso Mingos volta para a casa tivera que dar.
Triste e pensativo voltas á cabeza non paraba de darlle, pensando no seu muiño com a él ía chegar. Tantos anos de maquía, tantos contos e historias alí oira contar, e de súpeto por un maldito ameneiro, todo se ía acabar. Pasou a invernada e pronto o tempo cambiou. Por sorte, uns madeireiros que por alí estaban a cortar, ó ver o ameneiro de bo tronco atrancar a ponte, sen pensalo dúas veces, poñen mans ó tronzador, coidando sacar proveito , sendo o costo pequeño, e ó mesmo tempo liberar o camiño. Se non era para madeira, para uns zoqueiros habería de valer e pagar o custo do traballo .
Foi a alegría máis grande que lle deron aa Mingos . A ponte era estreita e levaba moitos anos servindo á xente . As pedras da pontella eran gordas, apoiadas nun pedestal. Foi a salvación de Mingos que poidera resistir.
Voltou de novo a moer co can e o seu farol, e o saco do revés, e durante o día tivo o presentimento de que algo especial ía suceder aquela noite .
Mesmo ó cruzar a ponte algo o fixo deter, era un susurro moi doce, sen dúbida unha voz de muller, e cando chegou á porta repousou o saco, petou á porta do muiño que abreu con moito sixilo, Os faroles en alto os dous para distinguir mellor entre as sombras.
De súpeto, Mingos enmudeceu;
¡Deus Santo do Ceo!, Rosiña, ¿ti que fas aquí? ,
A rapaza estaba moendo , esta vez, sustituindo ó seu pai pai.
O que pasou naquel muiño déixolovo imaxinar.
Esta é a historia de Mingos, un galego como moitos mái,s que recorda con nostalxia dun tempo lexano xa, aquel muiño tan especial para él.
Hoxe, ruinoso e esquecido para moitos , o muíño parece agardar que algún día alguén conte as historias que formaron parte da nosa lenda dun pasado cotiá...
Tino de Bugallido, 2024
No hay comentarios:
Publicar un comentario