lunes, 30 de diciembre de 2024

LIBERARSE


  Merliño, pódennos as emocións...

  Cómo dos canos dunha fonte que botan auga a cachón, tamén dos ollos da Alma brotan ás veces as bágoas con tal forza que semellan afogarnos...

  A noiteboa foi un deses intres, esbalábanlle polas meixelas e non era quen de enxugalas...

  Sentíase espida ollando revoar non sei cántas cadeiras, todas elas xa baleiras...

  Amigo merlo, botaba tanto de menos algunhas persoas que non atopaba acougo. 

  Recordas, Xaquín, o que che dicía a avoa Luisa cando pillabas unha carraxeira.?

  Merliño, cómo non ei recordar aquelo de chora meu meniño, chora, que lávala cara e aforras unha viaxe á fonte por auga.

  Que lonxe estabas de saber que as bágoas tamén lavan a cara da Alma, Amigo Xocas...

  Chorar en ocasións é necesario, pois

igual que a auga que cae das nubes para que o Ulla convirta as ribeiras nun oasis de verdor e vida, as bágoas son a chuvia que limpa os ollos, purifica a Alma e libéranos de cánto nos atragoa...

  Chora Xocas sen medo e sen vergoña e, cando coides que xa é dabondo, respira profundo, limpa as meixelas e continúa o camiño, chorar non deixa de ser unha forma de LIBERARSE...

  Cántas veces, Xaquín, no río da vida fai falla deixar caer unha fervenza interminable de bágoas para logo no leito acadar un remanso de paz e felicidade...

  Din que a chuvia vai dar unha semaniña de trégua, quizais tamén fale...

  Aproveita para pór a secar as alas mentres a Alma limpa as meixelas, parece estar dicindo...  

  A Natureza é sabia, Xocas, no esquezas.

  Se difícil, merliño, é escoitala, que dicir de interpretala...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                     Xaquin Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario