domingo, 1 de diciembre de 2024

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO...!!


  Hoxe, mañá, e sempre...Xa está ben, coño.!!

  Semellas levantarte alporizado, Amigo Xocas. Acouga o vas despuntar o cicel, parece que che ablandou os miolos o temporal de chuvia e vento da pasada tarde e noite, terás que acostumarte, o inverno xa peta na porta das Brañas.

  Amigo merlo, alporizado quizais non sexa a verba axeitada para expresar o que sinto neste amencer do luns de zapateiros. Paréceme ben triste que cada 25 de novembro teñamos que adicar o día na contra da violencia de xénero.

  Elo ten unha lectura moi clara, Xaquín, se a sociedade non avanza significa que algo non funciona como debera...

  Máis ben diría que se convertiu nun cangrexo que camiña cara atrás cánto pode, reacia a calquer mellora. Non fai falla máis que mirar o Parlamento, donde os cavernícolas fascistas, negacionistas de tal violencia, teñen un feixe de escaños, e o partido que se considera "defensor da patria e dos seus valores" pacta con eles nas autonomías, vendéndolle a alma ó diaño con tal de acadar o goberno. 

  Patético cara onde imos, merliño. Os maridos, amantes, amigos, cada ano deciden que ducias de mulleres perténcelles, non teñen dereito á vida e poden xogar a seu antollo con ela. Sen contar a de miles que sufren outro tipo de violencia ou maltrato...

  Cáeseme a Alma aos pés, Amigo merlo, por elo no comezo da reflexión despotricaba...

  As mulleres teñen dereito a chapotear libres na lagoa da vida, sentirse fermosos cisnes brancos se así o desexan, e todos temos a obriga de respetar os seus dereitos e as súas decisións, non son pertenzas de ningún cavernícola...

  Hoxe, mañá, e sempre querémolas libres,  merliño, loitemos para que remate dunha vez esta lacra...

  Digamos NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                         Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario