lunes, 30 de diciembre de 2024

LOCURA


  Cando debería estar tratando de tallar un poema que o enchera de ledicia, co fermoso abrente do Val  baixo o branco manto do "arreeiro" que parece protexelo do frío, quedoulle a Alma sen verbas, e o cicel despuntado, a este sorprendido e apesarado picapedreiro...

  "Se á túa xanela chega unha pomba..."

  Hai días que amencen tristes, desprenden bágoas os ollos, dixo adeus unha linda pomba...

  O merlo bautizouna cómo LOCURA, non podía ser doutro xeito logo de chegar chorando, envolta nas alas do vento nunha fría noite de inverno, a petar na fiestra dun descoñecido...

  Dixo que necesitaba rodearse dunhas pingas de tolemia, i escoitáralle cantar a unha xílgara que nós tiñamos de sobra...

  Tratámola con agarimo, cómo di a canción has facer, e agora, xa recuperada e con novos folgos, antes que sexa demasiado tarde quere seguir seu camiño. Quen somos para impedirllo.?

  "Quédame unha longa viaxe por diante, a vida non espera por ninguén, levareivos sempre na Alma por tanto que recibín."

  Foron as últimas verbas que dela escoitamos antes de emprendelo voo, ao tempo que por unha meixela pareceume ver esbalar unha bágoa, non sei se de agradecemento ou tristura...

  Xa o sol iluminaba as Brañas cando no cumio do vello graneiro, o merliño, co que fixera boas migallas, comezou a cantar desconsolado :

  "Feliz sexas, pomba Amiga, quizais esa vida da que falas teña a ben atoparnos de novo,  alende os mares, un día."

  Así foi, Amig@s, a despedida...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                   Xaquin Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario