Amigo Xocas, vaia careto sacaches. Saes dunha noite de tronada.?
Cómo queres que me atope entre o frío do inverno e que non me caiu nin unha triste pedrea...? Parece que polas Brañas, merliño, un ano máis pasou a sorte voando.
E ti fuches seminarista, Xaquín...? Adicástelle pouco tempo á lectura das sagradas escrituras, non me estraña que tiveras problemas cos curas...
Di a Biblia que moitos son os chamados e poucos os elexidos, se enrriba es un roxo que vai pola vida despotricando, como vai tratarche ben a fortuna...?
Tócanlle sempre a outr@s esas cousiñas, así está escrito nas táboas da lei do cálculo das probabilidades...
Puido caerche unha pedrada no lugar dunha pedrea, podes dar grazas e rirte, din por aí que estás excomulgado...
Pero vou facerche unha pregunta antes de que vaias a rumiar a túa desgraza. Cántos décimos compraches, Xocas.?
Amigo merlo, non sabía que tiña que mercalos, pensei que era dabondo ollar unha estrela fugaz e desexalo...
Acaso xa non están de moda os oráculos...? Os políticos din que funciona.
Así vamos, era o que me faltaba por escoitar hoxe. Xocas, o paso dos anos voltouche pillo de máis, ou lelo de todo...
E dis que onte pasou de longo a lotaría coma sempre, anda que os vin bobos, pero pensar que mirando as estrelas ía tocarche é para nota...
Non te agoches nin te poñas colorado, rasca o peto para o sorteo de Reis e pode que a sorte teña piedade dun parvo.
Cómo espertaches larpeiro. Semellas ter o martelo da língua disposto a baterme no coiro en vez de deixalo no banco, recorda que é luns de zapateiros.
Xa te esqueceches que onte, o día da lotaría, foi o meu día de folganza...? Os anos, Xaquín, non perdoan.
Sí que se levantou jodedor o merliño, veremos se non acabo botando a man ao peto de atrás e collo o tirapedras.
Pero antes de axustáremos contas no chamado día da saúde, queremos felicitarvos as festas a cánt@s tedes a ben perder un anaco de tempo en ler as nosas tolas conversas, elexid@s, ou non, pola variña da sorte dos bombos...
FELIZ NADAL E ANINOVO...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario