martes, 14 de enero de 2025

NON SEI

 Non sei si me amas

 ou finxes amor 

non sei o que queres 

mais podo agardar

 non sei de onde ves 

chegastes a min 

eu abrín os brazos 

uníronse os beizos 

nunha gran aperta 

sorbín o alento 

que de ti manaba 

e fiquei saciado 

sempre esperanzado

 polo teu grande obsequio 

agarimosas verbas 

alegres sorrisos…! 

mais sigues calada 

ás miñas preguntas 

si ti non contestas 

non sei o que queres

 non entendo o silencio 

nin a túa tristura 

se non avanzamos 

a anguria perdura 

 

Miguel Alberto,2025

No hay comentarios:

Publicar un comentario