sábado, 24 de agosto de 2024

CHUVIA


  Non hai San Roque sen can, nen abrente sen que o merlo cante...

  Tampouco sen que este picapedreiro pique unhas verbas coa buxarda neste día, mesmo deba bater nunha pedra de granito...

  Érguese o sol co pincel na man, ollan o Meda e o Xesteiras como dende o Pico Sacro vai coloreando de amarelo o ceo, de azul as augas do Ulla que semellan baixar con presa entre as canaveiras das Brañas...

  Quere chegar axiña a Carril o río, agarrar da man á súa amada Cortegada e pasar o día  polas rúas de Vilagarcía, espéraos a festa da Auga...

  Necesita, coma tod@s nós, animar o espíritu. Dinos que non debemos deixarnos paralizar polos problemas por moita auga que caia...

  Dunha molladura ao día non imos librarnos, de máis dunha por San Roque, salvo que leves unha boa roupa de augas, Xocas.

  Non se trata de escapar da CHUVIA que poida empaparnos a Alma, sí de abrir o paraguas, merliño. 

  Ou aprender a bailar debaixo dela, Xaquín...

  Por certo, saio voando, eu tamén quero mollar hoxe as alas.

  Se só foran as alas, jajajaja...!!


  O Paraíso existe 



                                                            Xaquin Miguéns Ces

MIRANDO AL FRENTE

            

Quise enviar un grito de socorro aquella noche, pero mi voz se quebró con un llanto salvaje que demasiado tiempo estuvo encarcelado en mis entrañas. Era muy consciente de la gravedad de mis decisiones y que esa gravedad no podía paralizarme, todo lo contrario, tenía que buscar las fuerzas en lo más profundo de mi ser y convertir el dolor en fortaleza.

Ahora más que nunca no podía flaquear, sola como estaba y con la responsabilidad de seguir el camino trazado en mi pensamiento durante tanto tiempo. Había llegado el momento de hacer de la necesidad una virtud, sacar el escaso arrojo que me quedaba dentro y convertirlo en algo productivo, enderezar mi ánimo y dar un paso al frente, y seguir con mi lucha. Ese día me dediqué a perseguir la sombra de lo que fui y volver a mis orígenes una vez más. Despegarme de todas las cosas que fui creando en los últimos veinticuatro años no era tan fácil, hacerlo era más un alivio que un esfuerzo, pero con las cosas también se iban mis ilusiones, mis metas y mi familia…¡cómo sobrevivir a eso!

 Para tranquilidad de todos, mis palabras sonaron claras y serenas, sin rastro de mis fantasmas y mis miedos, a la vista de los demás yo estaba feliz con mi decisión. Al mirarme al espejo aquella noche vi como el miedo se instalaba libremente por mi ser, no había un solo rincón que él no visitara. Alguna vez tuve la tentación de volverme atrás, pero también sabía que era la decisión correcta.

Aquel amanecer me hacía cuestionarme sentimientos que ahora ya carecían de sentido, pues hacía mucho tiempo que yo no te sentía mi marido. El tiempo pone todo en su lugar, o en otro lugar diferente de paz y armonía.


 Paki Espiño,2024


EPITAFIO

 

                                                     Festa na terra!

                                                     Festa no ceo!

                                                     Festa no inferno!


                                                                                       N.I. 

A COR DO CRISTAL




  Merliño, non me gustou nada o que ollei...

  Despaciño e boa letra, cada quen ten o seu punto de vista e todos valen...

  Pode que non se entenda que diga esto un vulgar picapedreiro. Soe aplicalo a miúdo, mesmo algúns pensen o contrario...

  E se un día saen lascas gordas voando, ou sapos por un peteiro, é porque  está moi farto de bater na pedra, ou xa non lle quedan tragadeiras ao merlo...

  Xoel, un neno pegado a unha pelota dende ben pequerrechiño...

   Din que chegou con ela debaixo do brazo, quizais aquel día non había panadeiros, larpeiro...

  O meu neto máis guapo, cautívame ese sorriso de pillabán.

  Amigo Xocas, que eu saiba non tes ningún outro, jajajaja...

  Que dicir do sorriso...? Enfeitiza...

  Pero dame que opina de maneira ben diferente o gato que ten díante del, mira de reollo a pelota, vé doutro xeito o sorriso e vai pór pés en polvorosa...

  Non podemos enfadarnos por elo, todo na vida é cuestión de perspectiva, Xocas, mesmo non vexas o gato. Recorda aquelo da COR DO CRISTAL.

  Amigo merlo, gardar no caixón o pronto e a envexa que poidamos sentir antes de botar a língua a pacer, e facer un análise con máis calma, é un mellor xeito de ver as cousas...

  Sobran verbas...!!

 

  O Paraíso existe 





                                                                         Xaquin Miguéns Ces




RECUERDOS DEL AMOR



Contigo aprendí a sufrir

pues me diste el desamor

te entregué mi corazón

tú...me negaste el amor


no supiste distinguir

si era amor

lo que te daba

o eran otras fantasías


tampoco supiste apreciar

los besos que te ofrecía

saliendo del corazón

al alba de cada día


y así te fuiste alejando

por caminos diferentes

para encontrar otro amor

y ocupar tu corazón


lo sé... ya sé que tú

no eres mía

eres libre como el viento

de vivir tu propia vida


más...querida!

recuerda mi sufrimiento

mis lágrimas y pensamientos

mi corazón dolorido


pasarán días y años

días de alegría y pena

aguardaré tu regreso

¡que llegue ese gran día!


para darte el corazón

a las puertas del Altar

con tu vestido de blanco

¡y hacerte esposa mía!


 Miguel Alberto,2024


HOY (II)

               

Hundí mi rostro entre mis manos y tomé la decisión mas dura e importante de mi vida, una decisión que marcaría un antes y un después en toda mi familia. Consciente de lo importante que era mi decisión preferí callármelo y decidir mi vida conmigo misma, sin mas presión que mis propias emociones que no eran pocas.

Esa mañana salí de la que fuera mi casa durante veinte cuatro años y empecé a luchar por mí, lo mas importante era mantenerme viva. Después intentaría ser feliz.

Después de dos décadas sigo en la lucha, darse por rendidos nunca fue una opción para mi.

 Paki Espiño, 2024


martes, 6 de agosto de 2024

AS ELEXIDAS

Ía espertalo co abrente para darlle outra taza de caldo...

  Pensandoo mellor non paga a pena, o trino que podía espallar só conseguiría asustar media aldea; que durma o merlo ata que se recupere da desfeita, xa teremos tempo de falar, así non queda.

  Era eu quen non ía decir hoxe unha palabra, pero como cabezudo canteiro ao que gustan de tirarlle do xenio, e da língua, aquí estou co martelo de novo...

  Perdín un "amigo" por unha discusión sobre un tema do que non me gusta falar, a política, as bágoas asómanme polas meixelas...

  Somos responsables dos nosos actos, i estes traen consecuencias ás nosas vidas.

  "Non era Amigo, Xocas", escoito que canta o merliño dando un chimpo e voando ata a cruz da graneira. Nas malas xamais me abandona...

  Recorda, Amigo Xocas, a Mateo 22: "Moitos son os chamados, poucos os elexidos.", segue cantando o meu Amigo...

  "Non perdestes un amigo, Xaquín, se deixou de falarche por culpa da política, gañaches paz de espíritu...

  Á chamada do son das campás da nosa vida poden acudir moitas persoas, quedaranse moi poucas, só aquelas que nos axuden a medrar e fagan de nós mellores persoas, AS ELEXIDAS...

  Outras estiveron no seu momento, e se por diversas circunstancias se foron, quizais deban  pasar ao caldeiro do lixo do pasado, é o caso... 

  Cura a ferida se che fixo dano, pero non botes unha bágoa máis por quen non soubo, ou non quixo, seguir a bordo do teu veleiro e sortear contigo as tormentas da travesía da vida...

   Recorda que as feridas cósenas as agullas do reloxo con fío de ouro e acaban curando, pero non esquezas o acontecido, poderías saír ferido de novo...

  Memoria selectiva, Xocas, non de peixe."

  Vaia cantarela, i eu que pensaba que non estaría recuperado nunha semana...

  Eso sí, o frac e a gravata dan pena...

  Amig@s, ata outra mellorada...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                 Xaquin Miguéns Ces

AVOIÑ@S


  Chegan de repente do ceo, merliño.

  Jajajaja...Mira que es parvo, Xaquín, trainos de París unha cegoña.

  Espertei sobresaltado, e resacoso. Pareceume estar mantendo unha conversa un tanto surrealista co merlo, non podía ser verdade o que me estaba decindo, París queda moi lonxe para que os vaia repartindo unha cigoña, se  fora papá Noel podería ter un pase...

  Teño unha pequena dor de cabeza, onte era o Día de Galicia e, polo que parece, alboroqueino con algún mencía de máis.

  Ti xa non estás para moitos trotes, Xocas, e o calendario debulla os días sen querer darche unha trégua, nen sentimentalmente. Hoxe cun par de copas irás ben servido, unha polo "crego" e outra polo "monaguillo", jajajaja.

  Tes razón, Amigo merlo, aos meus anos debería controlarme un pouco máis, pero téndoche a ti de exemplo...

  Terei que facer un esforzo, o día paga moito a pena, larpeiro. As Anas, os Xaquíns, e todol@s AVOIÑ@S, estamos de celebración...

@s net@s, a semente do noso ser, alimento da Alma...

  Esas cóxegas chegadas do ceo, que fan que a vida siga tendo un por que cando xa no horizonte se albisca o final...

  As alas que nos manteñen voando cando andar é un traballo...

  Os soños que nos dan vida, merliño...

  A luz de cada amencer...

  Unha culleradiña de mel.

  Un tarro enteiro, Xaquín...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquin Miguéns Ces


HOY (I)

                  


 No tenía sitio en concreto a dónde ir, simplemente me faltaban fuerzas para plantarme frente a ti. Tú, mi amigo, mi amante, mi compañero de vida, tú me estabas hablando con mentiras que yo iba digiriendo como si de una comida se tratara. Salí al jardín como un fantasma, no sentía el suelo bajo mis pies, solo la decepción me mantenía erguida.

 Harta de hacerme preguntas sin dar con alguna solución, opté por sentarme en el suelo y tomar mi block de notas, y ponerme a escribir, es una forma de ordenar los pensamientos cuando se vuelven tormentosos y no consigo apaciguarlos. Me dormí esa noche dando vueltas a la absurda capacidad que tenemos los humanos para complicarnos la vida innecesariamente. Aun así, dado la frivolidad del asunto, lejos de tomármelo a la ligera a lo largo del día mi malestar fue creciendo hasta convertirse en una tormenta en mi corazón.

No quería hablarlo con nadie, ni amigos, ni familia, y para hablar contigo aun no estaba preparada. Parada frente al espejo que me devolvía una imagen que no reconocía, y aun así era la única que podía ayudarme a tomar decisiones, yo misma, la de siempre y a la vez distinta. La imagen que devolvía el espejo ya no era de esa muchacha que cruzó la Iglesia para unir mi vida a ti, la mujer cuya imagen reflejaba el espejo era una mujer con madurez, con los rasgos mas serenos, y solo ella tenía la respuesta a todas esas preguntas que durante años flotaron en el silencio de nuestro hogar.

 Paki Espiño,2024


A GUADALUPE

 Arrivou a porto

aló no solpor

aquel gran velero

insigne do mar


todo engalanado

para festexar

o noso gran día

na terra é no mar


Patrona da Vila

a gran Rianxeira

nosa Guadalupe

serás a primeira!


si...primeira en amor

nosa moreniña!

Guiando os homiños

polos nosos mares


chegou este día

do gran homenaxe

á nosa Patrona

de todo Rianxo!


Arrivan gamelas,

dornas, veleiros,

atracan sen orden

no gran malecón


dempois...a gran procesión

ó longo da Ría

en gran homenaxe

á nosa Santiña


orgullo de Vila

á gran Guadalupe

celebramos todos

no grandioso día!


 Miguel Alberto,2024


FELIZ DÍA DE GALICIA


  Pediame o corpo pousar o martelo e o cicel por un tempo, non pensei que sería tan pouco.

   Temos Alma, e hai días nos que é obriga gravar unhas verbas, ben sexa coa buxarda ou coa pluma, para  que o canto do merlo as espalle o vento máis alá das Brañas, se é posible.

  Saíu voando onte pola tarde o merliño. Irá ata a Capital, pensei, a ollar os fogos do Apóstolo, arcos da vella iluminado a noite de efémera poesía, debuxada no ceo con lápices de mil cores, unha das súas debilidades.

  Trabuqueime, nada novo, é un páxaro con pingas ao que lle chove a miúdo, nunca sabes.

  Colleu camiño do "Paraíso" e pasou parte da noite revoando pola enseada de Rianxo ata acabar lendo axeonllado o anaquiño do libro "Sempre en Galiza" gravado no recuncho que Castelao ten adicado no "Paseo dos Artistas" mentres no ceo, coa lúa ensoñadora debalada e presidindo, imaxinaba os fogos artificiais que lle daban a benvida a un día grande para tod@s cántos amamos a nosa  querida Terra.

  Frac negro e gravata amarela impolutos, non podía ser doutro xeito, para conmemorar a posta en valor da língua e cultura galega, nosa idiosincrasia, un xeito diferente de interpretar a vida...

  Un sentimento que agora mesmo sae da pluma dun merlo ou da Alma dun picapedreiro, que máis dá, ámbolos dous teñen pingueiras...

  Non lles importa, só buscan cunhas poucas palabras pór o seu pequeno gran de area na loita para que xamais se perda ese arrecendo a Nación.

  Pode que sexa un soño cánto fala este loco, ou quizais un desvarío por culpa da calor da noite, estarán pensando aquel@s que non senten o seu pobo cómo elemento diferenciador duns valores gravados a lume na  Alma.

  Mesmo así, FELIZ DÍA DE GALICIA...!!

 

  O Paraíso existe 




                                                              Xaquin Miguéns Ces

¡PADRE!

           

Ven a buscarme padre,

y llévame un ratito al Cielo,

quiero estar contigo esta noche,

para mí, eres el gran guerrero.


Te levantaste cada día,

manteniendo los pies en el suelo,

luchaste en lenta agonía,

viviste en el mismo infierno.


Tus manos, dos alas rotas,

que quebranto en llanto,

cuando al irte me decías,

en esta guerra no he ganado.


Guerrero, siempre mi guerrero,

luchando sin tener tiempo,

cuando las fuerzas se agotan,

y tienes que luchar de nuevo.


Por muchos años que pasen,

aún guardo en mi pecho tu aroma,

cuando al caer la tarde,

tu risa en mi pecho se asoma.


En el año noventa y cinco,

sonaron tristes las campanas,

por mi padre están llorando,

aún no quiero que te vayas.


Pero ese día llegó,

a casa volví sin ti,

sólo en el cementerio,

¡contigo me quiero ir!

  Paki Espiño, 2024


RETORNO DEL AMOR


Ha vuelto el amor

que tanto esperaba

trayendo consigo

la paz y el sosiego


ha sido un destierro

de días inciertos

sufriendo por el

en la oscuridad


en esa penumbra

de mi corazón

sufrí lo indecible

por miedo a perderte


largas noches en vela

aguardando por ti

esperando el regreso

que volvieras a mi


la razón ha ganado

y la honestidad

abriste tus ojos

a la gran verdad


a partir de hoy

yo seré tu esclavo

querida...¡tu siervo!

hasta la eternidad


te daré el amor

que tanto precisas

en los tristes días

¡ y en tus alegrías !


Miguel Alberto, 2024.


FERIA DO LIBRO DE RIANXO

O pasado 26 de xullo visitamos a Feria do Libro de Rianxo. Unha xornada inolvidable na compaña dos nosos escritores.



                                           O escritor X.Carlos Carracedo e Manuela Figueira


O escritor X.Ricardo Losada e Mauela Figueira


Octavio Romero, X.Carlos Carracedo e Dolores Rial




X.Ricardo Losada e Xaquin Miguéns



                As últimas publicacións de X. Carlos Carracedo e X.Ricardo Losada, boas lecturas para o verán




Unha pequena visita a Rianxo,  na feira do libro  e  estar un ratiño con Xosé Ricardo Losada e outro con Xosé Carlos Carracedo en compañía do meu queridísimo amigo Xaquin. Foiche un pracer  e todo un honor .

E os sentimentos que despertan en min as palabras adicadas na firma dos seus libros é bonito porque  é un arte o seu, non  firmaron  por firmar como quen pega  un icono repetitivo. É buscar esa tecla que  resucite a fibra que unha pensa que ten en estado comatoso .

 O noso veciño dou no meu talón  de Aquiles, o noso descubremento doume na gratitude dun encontro nas redes que iluminou un camiño cada día  máis sólido. 

Foron uns minutos roubados ó tempo, pero que  fogonazo no corazón!  

 Admiro profundamente  a estas personas cercanas e xentiles que nos atrapan nas redes da lectura . 

Gracias ós dous Xosés!

     ~ Figueira