martes, 6 de agosto de 2024

AVOIÑ@S


  Chegan de repente do ceo, merliño.

  Jajajaja...Mira que es parvo, Xaquín, trainos de París unha cegoña.

  Espertei sobresaltado, e resacoso. Pareceume estar mantendo unha conversa un tanto surrealista co merlo, non podía ser verdade o que me estaba decindo, París queda moi lonxe para que os vaia repartindo unha cigoña, se  fora papá Noel podería ter un pase...

  Teño unha pequena dor de cabeza, onte era o Día de Galicia e, polo que parece, alboroqueino con algún mencía de máis.

  Ti xa non estás para moitos trotes, Xocas, e o calendario debulla os días sen querer darche unha trégua, nen sentimentalmente. Hoxe cun par de copas irás ben servido, unha polo "crego" e outra polo "monaguillo", jajajaja.

  Tes razón, Amigo merlo, aos meus anos debería controlarme un pouco máis, pero téndoche a ti de exemplo...

  Terei que facer un esforzo, o día paga moito a pena, larpeiro. As Anas, os Xaquíns, e todol@s AVOIÑ@S, estamos de celebración...

@s net@s, a semente do noso ser, alimento da Alma...

  Esas cóxegas chegadas do ceo, que fan que a vida siga tendo un por que cando xa no horizonte se albisca o final...

  As alas que nos manteñen voando cando andar é un traballo...

  Os soños que nos dan vida, merliño...

  A luz de cada amencer...

  Unha culleradiña de mel.

  Un tarro enteiro, Xaquín...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquin Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario