martes, 6 de agosto de 2024

AS ELEXIDAS

Ía espertalo co abrente para darlle outra taza de caldo...

  Pensandoo mellor non paga a pena, o trino que podía espallar só conseguiría asustar media aldea; que durma o merlo ata que se recupere da desfeita, xa teremos tempo de falar, así non queda.

  Era eu quen non ía decir hoxe unha palabra, pero como cabezudo canteiro ao que gustan de tirarlle do xenio, e da língua, aquí estou co martelo de novo...

  Perdín un "amigo" por unha discusión sobre un tema do que non me gusta falar, a política, as bágoas asómanme polas meixelas...

  Somos responsables dos nosos actos, i estes traen consecuencias ás nosas vidas.

  "Non era Amigo, Xocas", escoito que canta o merliño dando un chimpo e voando ata a cruz da graneira. Nas malas xamais me abandona...

  Recorda, Amigo Xocas, a Mateo 22: "Moitos son os chamados, poucos os elexidos.", segue cantando o meu Amigo...

  "Non perdestes un amigo, Xaquín, se deixou de falarche por culpa da política, gañaches paz de espíritu...

  Á chamada do son das campás da nosa vida poden acudir moitas persoas, quedaranse moi poucas, só aquelas que nos axuden a medrar e fagan de nós mellores persoas, AS ELEXIDAS...

  Outras estiveron no seu momento, e se por diversas circunstancias se foron, quizais deban  pasar ao caldeiro do lixo do pasado, é o caso... 

  Cura a ferida se che fixo dano, pero non botes unha bágoa máis por quen non soubo, ou non quixo, seguir a bordo do teu veleiro e sortear contigo as tormentas da travesía da vida...

   Recorda que as feridas cósenas as agullas do reloxo con fío de ouro e acaban curando, pero non esquezas o acontecido, poderías saír ferido de novo...

  Memoria selectiva, Xocas, non de peixe."

  Vaia cantarela, i eu que pensaba que non estaría recuperado nunha semana...

  Eso sí, o frac e a gravata dan pena...

  Amig@s, ata outra mellorada...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                 Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario