Non hai San Roque sen can, nen abrente sen que o merlo cante...
Tampouco sen que este picapedreiro pique unhas verbas coa buxarda neste día, mesmo deba bater nunha pedra de granito...
Érguese o sol co pincel na man, ollan o Meda e o Xesteiras como dende o Pico Sacro vai coloreando de amarelo o ceo, de azul as augas do Ulla que semellan baixar con presa entre as canaveiras das Brañas...
Quere chegar axiña a Carril o río, agarrar da man á súa amada Cortegada e pasar o día polas rúas de Vilagarcía, espéraos a festa da Auga...
Necesita, coma tod@s nós, animar o espíritu. Dinos que non debemos deixarnos paralizar polos problemas por moita auga que caia...
Dunha molladura ao día non imos librarnos, de máis dunha por San Roque, salvo que leves unha boa roupa de augas, Xocas.
Non se trata de escapar da CHUVIA que poida empaparnos a Alma, sí de abrir o paraguas, merliño.
Ou aprender a bailar debaixo dela, Xaquín...
Por certo, saio voando, eu tamén quero mollar hoxe as alas.
Se só foran as alas, jajajaja...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario