sábado, 24 de agosto de 2024

A COR DO CRISTAL




  Merliño, non me gustou nada o que ollei...

  Despaciño e boa letra, cada quen ten o seu punto de vista e todos valen...

  Pode que non se entenda que diga esto un vulgar picapedreiro. Soe aplicalo a miúdo, mesmo algúns pensen o contrario...

  E se un día saen lascas gordas voando, ou sapos por un peteiro, é porque  está moi farto de bater na pedra, ou xa non lle quedan tragadeiras ao merlo...

  Xoel, un neno pegado a unha pelota dende ben pequerrechiño...

   Din que chegou con ela debaixo do brazo, quizais aquel día non había panadeiros, larpeiro...

  O meu neto máis guapo, cautívame ese sorriso de pillabán.

  Amigo Xocas, que eu saiba non tes ningún outro, jajajaja...

  Que dicir do sorriso...? Enfeitiza...

  Pero dame que opina de maneira ben diferente o gato que ten díante del, mira de reollo a pelota, vé doutro xeito o sorriso e vai pór pés en polvorosa...

  Non podemos enfadarnos por elo, todo na vida é cuestión de perspectiva, Xocas, mesmo non vexas o gato. Recorda aquelo da COR DO CRISTAL.

  Amigo merlo, gardar no caixón o pronto e a envexa que poidamos sentir antes de botar a língua a pacer, e facer un análise con máis calma, é un mellor xeito de ver as cousas...

  Sobran verbas...!!

 

  O Paraíso existe 





                                                                         Xaquin Miguéns Ces




No hay comentarios:

Publicar un comentario