domingo, 16 de marzo de 2025

MI VERDADERO YO

    

 Yo no sabía que podía convertirte en quien te salva.

Yo no sabía que me podía regalar flores.

Yo no sabía que no necesitaba un príncipe,

pues yo no soy y nunca fui una princesa, me tocó ser guerrera, aún antes de que yo lo decidiera.

Hoy descubrí que tengo una habitación en mi pecho sólo para mí, llena de cosas que me hacen feliz.

Hoy decidí crear un castillo en esa habitación y ser una princesa.

Hoy decidí que sólo yo soy dueña de mis emociones.

Pero también decirte que escojas bien a quien le das las armas que puedan hacerte daño.

El amor nunca puede doler.

Duele la ausencia, la distancia, pero nunca el amor, si el amor te duele, quizás no sea el adecuado, tal vez sea el momento de organizar tu mente y tu corazón.


  Paki Espiño, 2025.


CUANDO LUZCA EL SOL

          


 Cuando luzca el sol

abre la ventana

para recibir

sus rayos de luz


extiende los brazos

y abre las palmas

la luz que recibas

me sale del alma


el amor eterno

que yo te profeso

en mi corazón

con su dulce idioma


te dará mil fuerzas

en tu día a día

alegrando horas 

aliviando heridas


y al llegar la noche

seguiré a tu lado

despidiendo ortos

esperando ocasos


 en tu penumbra

 en tu soledad

recuerda, querida:

¡siempre me tendrás!


y al amanecer

allí seguiré

para darte fuerzas

con todo mi ser.


 Miguel Alberto,2025


lunes, 10 de marzo de 2025

ATÓMICA


Matárono baixo a sombra dun carballo centenario. O sangue tinguiu o verdoso veludo de musgo que amorteceu o golpe. Os asaltantes ignoraban se obedecían a deus ou ao diaño. Movíanse por cobiza, fame, e rabia. Rabia animal e irracional, propia de cans de presa. De humanos tiñan pouco, solo farrapos e gruñidos articulados que recordaban un chisco a un difuso latín. A vítima vestía túnica e turbante ao xeito dos bérberes do deserto. Porén, posuía uns brillantes ollos azuis e  os trazos dun veterano, curtido e altivo pirata viquingo. O líder da banda deduciu que non se trataba nin dun nin doutro. De apostar, diría que se trataba dun espía, dun emisario secreto dalgún xerife oriental, ignoraba  que, en realidade, se trataba do máis grande e desafortunado dos magos do mundo antigo. O rostro oculto que ordenara o crime pediulle que entregara a cabeza decapitada e que destruíra todos os documentos. Despois, si mantiña a boca calada, tería ouro suficiente para comer carne a diario e para deixar algo en herdanza aos fillos, en caso de que, nun hipotético e pouco probable futuro, se animase a recoñecer  a algún.   

O suplicio durou unha hora. Durante ese tempo, o máis badoco dos asasinos divertiuse esnaquizando manuscritos. Aquelo amolou ao feiticeiro máis que o sangre que goteaba do seu nariz roto. O xefe dos bandidos, tamén analfabeto, pero dotado de certa intelixencia, deducira que as letras non se parecían ás da Biblia. Sen temor a castigos posteriores, regalou os pregos ao bobo mentres el, apoiado contra a árbore, contaba as moedas de ouro entregadas en pago polo traballo. Só a superstición, impediu que o pailán se limpara o cu cas follas, pois o listo falara de rescritos demoníacos e, peor aínda, da “cousa” que lían os odiados e temidos mahometanos. Polo demais, manchou, machucou e esnaquizou a pracer. Nos seus derradeiros instantes de vida, o mago foi obrigado a mirar impotente a destrución de anos de investigacións. Sufriu mudo aquel escarnio, en especial, os xogos do necio ao construír avións de papel sin saber da xenialidade dos seus actos.

O mago chorou ao ver como os aeroplanos manuscritos aterraban, antes ou despois, nunha fogueira. As bágoas eran sufrimento licuado dos riscos e remorsos padecidos ao roubar os textos inéditos de Al-Huarizmi da Casa de la Sabedoría de Bagdad e da persecución por parte dos soldados dos abasidas que intentaron darlle caza. A perda do derradeiro  cartafol en mans daquel túzaro resultou unha traxedia maior. Contiña as súas propias investigacións sobre as obras de Leucipo, Demócrito e os atomistas indios. Catro libros de alquimia cos seus prometedores descubrimentos arredor do peso atómico, os neutróns e os electróns. Todo para dar gloria eterna ao derradeiro dos seus benfeitores e mecenas, Abd Al-Rahman I, o Emigrado, Señor de Al-Ándalus.

—Non quero máis Yihad, ni máis guerras civís —asegurara o emir ao mago—. Desexo que os exércitos impíos recoñezan a grandeza de Deus e depoñan as armas. Haberá clemencia para latinos e bizantinos e para as mulleres dos traidores aos califas lexítimos. Os integraranse na comunidade de crentes e as outras no harén.  

  O feiticeiro asentiu por lealdade ante o gran dirixente. Sentíase en débeda, pero non dicía esta “Palabra” é miña. Incomodáballe falar de relixión. Facía moito que os deuses da súa infancia estaban mortos e esquecidos. Ao mesmo tempo, os contraditorios profetas do deus único eran moito máis novos que el, demasiado ascetas e legalistas para o seu gusto. Obviando ás súas reservas dogmáticas, prometera satisfacelo e cumpriría co Omeia cordobés que lograra rescatalo da cova onde un malvado efrit con rostro humano, o pérfido nigromante Abdul Al-Hazred, o mantiña preso tras abatelo en pleno voo experimental. Suspiro ao pensar sobre aquela gran perda para a humanidade; a saber cando alguén logrará fabricar outro artefacto voador como aquel prototipo seu.

Por iso, escoitados os desexos do emir, o meigo, meu amo, partiu á aventura. Durante décadas explorou as cidades abandonadas dos faraóns e os sumerios; osmou nos inextricables  secretos da biblioteca de Alexandría; de cabo a rabo percorreu a Ruta de la Seda, escoitando as ensinanzas de místicos, santóns e aspirantes a mahdis, contrastando noticias de comerciantes e escravistas, de mercenarios e desertores, seguindo os camiños marcados nos mapas e, por riba de todo, as súas intuicións de home analítico e observador. Partiu con vinte de nós, as  súas creacións máis perfectas e queridas, autómatas resistentes, «androides», como gustaba en chamarnos, feitos a súa imaxe e semellanza: valentes, perspicaces e frugais. Só un regresou con el a Al-Andalus: eu, que no momento do seu asasinato xacía inerte no chan, vencido en combate, rodeado dos brazos rebandados  aos demais membros da banda do xefe e do bobo.

Sei que o mago non sentiu medo. Toda morte resulta inevitable, incluída a súa, postergada más dun milenio. Meu señor amou a moitas mulleres ao seu xeito; leu máis libros que ninguén, algúns que xa só el coñecía; aprendeu cada día algo novo sin esquecer nin unha faragulla daqueles manxares para a mente. Malia todo, houbo momentos aciagos na vida do sabio: a súa liñaxe perdeuse no tempo, dos seus amigos só quedaba a nostalxia dun ancián. Estrañaba aínda a xenialidade de Arquímedes; doíalle a traizón de Constantino o Grande, que o exiliou en Britania tras derrotar a Maxencio; remoíalle no caletre, coma se fose onte, a decepción polo reinado do seu fillo adoptivo, Artur Pendragón.

Os asasinos deixaron o corpo decapitado para os lobos. Fun eu quen, a duras penas recuperado do duelo, deu sepultura a meu amo. Leveino río arriba, dentro da arca de pedra pómez onde gardaba os primeiros bocexos do gran encargo do emir, o que o meu señor chamaba «Bomba Atómica». Outro invento que a humanidade xa nunca contemplará. Enterreino como puiden, pois un dos meus brazos desprendeuse durante aquela "traslatio". Por fortuna, atopei unha antiga necrópole esquecida séculos atrás e introducino no sartego dun vello romano convertido en po.

Protexín o descanso do meu amo e señor, o mago Merlín, ata que a ferruxe das xuntas e o deterioro das miñas baterías me impediu servirlle. Inmóbil e cuberto de ramallada, vivín o suficiente para ver la chegada dun ermitán. El chamou ao bispo e o bispo ao rei. O monarca fixo o resto: contratou aos arquitectos, estes aos alarifes e os alarifes aos taberneiros que trouxeron ás prostitutas. De seguido chegaron peregrinos ca bolsa chea e presta. Nacía unha cidade.

Outro bobo, quizais descendente do malfeitor que ultraxou a meu amo Merlín, deu comigo. Descoñecía que tiña entre mans. Recoñezo que eu distaba de brillar e ter bo aspecto. Sacudiume e pateoume. Cando se cansou, tiroume nunha gabia. Non podo moverme, só pensar, recordar. Mañá  chegará a miña hora, sepultaranme. Convertinme en escombro, recheo para a cimentación da basílica que constrúen sobre o túmulo que consideran sagrado. Pode que sexa o mellor así. Aquí descansarei, en paz, preto do meu señor.



Amancio Pampín


SEDANTE NUN GOTEIRO...?


  Amenceron as Brañas vestidas cun frío traxe neste luns de zapateiros...

  Parecen necesitar da cor do canto do merlo, igual que a miña Alma.

  Quítalle, Xaquín, esas roupas vellas de choqueiro, fondéallas no río, e disfrázaas co traxe de raíña do carnaval...

  Terás así un relaxante goteiro no que poder enchufar as venas da Alma.

  Sinxelo padricar, merliño...Dificultoso para un picapedreiro tallar unhas verbas coas que disfrazar as Brañas de tranquilizante. Con todo, alá vai co cicel e a maceta :

  Asoma pouco a pouco no horizonte unha estrela, co manto de rei sol tomando o relevo da noite...

  Semella ir guiando o abrente un bando de gorrións, na procura duns grans de millo voan arredor da graneira...

  Adiantouse a primavera, contan as follas xa medradas das pólas da mazanceira...

  Hieráticos un en fronte do outro, co "traxe de bonito", o Treito e o Xesteiras forman o corpo de garda dun Ulla que baixa polo Val cómo se fose unha serpe...

  "Espido" o Meda e co disfraz de "Xeneral" o Pico Sacro, presiden na lonxanía a posta en escena dun luns de farra...O seu sorriso de orella a orella fala claramente do desenfreno que se vive...

  Dicía Charlot que un día sen sorrir era un día perdido...Non facelo nestas datas é perder un ano enteiro, pensa o picapedreiro.

  Era Chaplin, Xaquín. Charlot, o do bastón, non falaba.

  Merliño, cántas veces non fai falla nin abrila boca para dicir cousas, témolo mellor exemplo na Natureza...

  Mira no alto do ceo a maquiavélica lúa que nin pestañea. Cres que non fala...?

  Disfrazadas de ansiolítico amencen as Brañas neste luns de entroido...

  SEDANTE NUN GOTEIRO...?

  Xa quixera...

  Só quedaría enchufar e abrilo vial...

  Gota a gota iría caendo na Alma.

  E a dose, Xaquín.?

  Amigo merlo, vén sen prospecto este relaxante...

  Cada quen a que necesite, di a lúa antes de marcharse...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                    Xaquin Miguéns Ces

ES FARO

  

  Merliño, parece que vai de faros o teu canto nestas datas de troula...

  Onte, martes de Entroido, recoméndasme unha man de pintura na Alma diante do faro de Corrubedo...

  Hoxe, se non é polo enterro da sardiña, non entendo o por que do de Camariñas para despedilo carnaval e darlle a benvida a dona Coresma no mércores de cinza.

  Es luceiro...

  Espertarse pola mañá sen gañas de saír do niño é bastante habitual, moito máis cando a vida abanea fortemente as pólas e non lle atopas sentido a algunhas das cousas que están pasando...

  Enterrala cabeza, non a sardiña, debaixo das alas e deixar de cantar é o que che pide a Alma, pero es luz, Xaquín.

  Merliño, non sempre é doado ser facho.

  Por moitos atrancos que a vida che poña, por ben de neboeiros que che envolvan a Alma por momentos, cómo sucede a miúdo co faro de Cabo Vilano, debes manterte firme sobre os rochedos, es a luz que debe guiar o roteiro dalgunhas xentes...

  Non é sinxelo, cómo dicías, pero atoparaslle así un claro sentido á túa existencia, e cada amencer ergueraste coas alas abertas e con gañas de saír a voar e comelo mundo...

  ES FARO, Xaquín...

  Xamáis debes esquecelo...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                Xaquin Miguéns Ces

LADO OSCURO


Todas las personas tenemos un lado oscuro, una parte muy nuestra que no queremos exponer a los demás.

Esa parte que no somos capaces de mostrar totalmente a nosotros mismos.

Nuestro ángel y nuestro demonio.

Todos llevamos los dos dentro del alma y no podemos hacer nada para remediarlo.

Pero nosotros decidimos a quién alimentamos, a quién hacemos fuerte y a quién ignoramos. Conocerse y entender lo que somos es muy importante para decidir quién queremos ser.

Nuestros errores, nuestros aciertos, decisiones que nos llevan a tomar caminos que no siempre son los adecuados y aún así debemos seguir, aunque tengamos que tomar decisiones difíciles, pero necesarias para construir un nuevo camino.

La razón y el corazón, no siempre están de acuerdo, pero aún así debemos clavar fuerte los pies en el suelo y seguir avanzando.

Las personas no estamos libres de culpa y con eso tenemos que lidiar, pero si te equivocas que sea con tus ideas e intentando no ser la sombra de nadie, pues tú tienes tú propia luz, sólo debes creértelo.


  Paki Espiño,2025


TEMPOS DA MIÑA ESCOLA

       


Hoxe vou tentar escribir no noso idioma, non no normativo que non o coñezo, mais  sí naquelas verbas tan agarimosas que me enseñou  a miña nai, pois eu non consigo aprender tadas as palabras novas,  que se estanse a incorporas ó noso querido idioma ano tras ano. Pido disculpas a ese equipo tan ilustre que é o de norrmalización lingüistica, aproveito para felicitalo pola labor tan importante que estan a desenrolar. 

Cando eu fun á escola entre o ano 1959 é 1964 as cousas eran moi distintas, o noso mestre decíanos¡ “habla castellano, no seas bruto”! e outras frases parecida., Por ese motivo os nenos chegamos a entender que eramos brutos se falábamos en galego. Afortunadamente as cousas mudaron para mellor, grazas á democracia é á liberdade da que disfrutamos hoxe en día.

 Penso que os mestres tiñann un soldo moi baixo porque adoitabamos axudalos con productos das nosas colleitas como, patacas, froita, ovos e carne da matanza na época correspondente.Estabamos a saír dunha guerra civil é, a seguir a mundial,serían anos de moita fame, que eu non vivín en primeira persoa.

Nunca comprenderei por qué tantas guerras no mundo .Aínda hoxe en día¡cantas temos abertas en todo o planeta!, para qué? E por qué? 

Seguimos matándonos  hasta queimar un país, tirando bombas como ocurre ahora no caso de Ucrania e Rusia. Dous paises que formaron parte da ex-Unión Soviética,..Cando pararán de matarse? Penso que esta é unha guerra comercial como tantas outras, só por intereses.

 Pero volvo a escribir da escola. Hoxe en día o profesorado está moi cualificado, as aulas son de cine, equipadas con bibliotecas, equipos de informática, calefacción, grandes instalacións...debemos reconocer que os alumnos teñen todo o necesario para formarse cara o seu futuro. Tamén contan con profesores de distintos idiomas; inglés, francés, latín, grego,..Xa quixera eu naquel entonces ter un equipo semellante! Pero eran outros tempos é a maioría saíamos ós 14 anos da escola sen a formación básica. Logo ó longo da nosa vida laboral algúns de nós fomos facendo cursos para ir aprendendo algo máis, tanto en formación académica como noutras materias.


  Miguel Alberto,2025