lunes, 10 de marzo de 2025

TEMPOS DA MIÑA ESCOLA

       


Hoxe vou tentar escribir no noso idioma, non no normativo que non o coñezo, mais  sí naquelas verbas tan agarimosas que me enseñou  a miña nai, pois eu non consigo aprender tadas as palabras novas,  que se estanse a incorporas ó noso querido idioma ano tras ano. Pido disculpas a ese equipo tan ilustre que é o de norrmalización lingüistica, aproveito para felicitalo pola labor tan importante que estan a desenrolar. 

Cando eu fun á escola entre o ano 1959 é 1964 as cousas eran moi distintas, o noso mestre decíanos¡ “habla castellano, no seas bruto”! e outras frases parecida., Por ese motivo os nenos chegamos a entender que eramos brutos se falábamos en galego. Afortunadamente as cousas mudaron para mellor, grazas á democracia é á liberdade da que disfrutamos hoxe en día.

 Penso que os mestres tiñann un soldo moi baixo porque adoitabamos axudalos con productos das nosas colleitas como, patacas, froita, ovos e carne da matanza na época correspondente.Estabamos a saír dunha guerra civil é, a seguir a mundial,serían anos de moita fame, que eu non vivín en primeira persoa.

Nunca comprenderei por qué tantas guerras no mundo .Aínda hoxe en día¡cantas temos abertas en todo o planeta!, para qué? E por qué? 

Seguimos matándonos  hasta queimar un país, tirando bombas como ocurre ahora no caso de Ucrania e Rusia. Dous paises que formaron parte da ex-Unión Soviética,..Cando pararán de matarse? Penso que esta é unha guerra comercial como tantas outras, só por intereses.

 Pero volvo a escribir da escola. Hoxe en día o profesorado está moi cualificado, as aulas son de cine, equipadas con bibliotecas, equipos de informática, calefacción, grandes instalacións...debemos reconocer que os alumnos teñen todo o necesario para formarse cara o seu futuro. Tamén contan con profesores de distintos idiomas; inglés, francés, latín, grego,..Xa quixera eu naquel entonces ter un equipo semellante! Pero eran outros tempos é a maioría saíamos ós 14 anos da escola sen a formación básica. Logo ó longo da nosa vida laboral algúns de nós fomos facendo cursos para ir aprendendo algo máis, tanto en formación académica como noutras materias.


  Miguel Alberto,2025


No hay comentarios:

Publicar un comentario