viernes, 28 de febrero de 2025

ESTÁS EN BABIA, XAQUÍN


  Vai caendo a tarde no Paraíso, parece a Ría unha meiga...

  Na beira do río Te, na Torre, un dos paraxes favoritos onde coller o cicel e o martelo o picapedreiro, nun piñeiro con novos abrochos que falan dunha primavera en camiño, un merlo racha co seu canto un abraiante silencio...

  Tamén para a Natureza semella que é tempo de Entroido, quere desfacerse das vellas e molladas roupas do inverno e disfrazarse coas coloridas e lixeiras galas da primavera...

  Pensei que pagaba a pena determe na ponte e ollar o embruxo que me rodeaba...

  Apreciar a beleza no simple, no complexo, 

no piñeiro florecendo, no solpor meigo...

  "ESTÁS EN BABIA, XAQUÍN", cantou o merlo Amigo sorrindo.

  Non é para menos mirando o disfraz que luce o Paraíso, un encaixe de fíos amarelos e azuis que a Natureza palillou para goce das Almas que queiran, e saiban, vestilo, merliño...

  Disfruta do Antroido...!!

  

  O Paraíso existe  



                                                                   Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario