Merliño, parece que vai de faros o teu canto nestas datas de troula...
Onte, martes de Entroido, recoméndasme unha man de pintura na Alma diante do faro de Corrubedo...
Hoxe, se non é polo enterro da sardiña, non entendo o por que do de Camariñas para despedilo carnaval e darlle a benvida a dona Coresma no mércores de cinza.
Es luceiro...
Espertarse pola mañá sen gañas de saír do niño é bastante habitual, moito máis cando a vida abanea fortemente as pólas e non lle atopas sentido a algunhas das cousas que están pasando...
Enterrala cabeza, non a sardiña, debaixo das alas e deixar de cantar é o que che pide a Alma, pero es luz, Xaquín.
Merliño, non sempre é doado ser facho.
Por moitos atrancos que a vida che poña, por ben de neboeiros que che envolvan a Alma por momentos, cómo sucede a miúdo co faro de Cabo Vilano, debes manterte firme sobre os rochedos, es a luz que debe guiar o roteiro dalgunhas xentes...
Non é sinxelo, cómo dicías, pero atoparaslle así un claro sentido á túa existencia, e cada amencer ergueraste coas alas abertas e con gañas de saír a voar e comelo mundo...
ES FARO, Xaquín...
Xamáis debes esquecelo...!!
O Paraíso existe

No hay comentarios:
Publicar un comentario