martes, 12 de noviembre de 2024

PARABÉNS

Outra molladura... 

 E mira que lle digo,

 larpeiro non saias do niño se chove... 

Nin caso... 

 A gravata sen nó, o traxe pingando, o canto un rouquén... Un piltrafa... 

Cando o merliño estaba pensando en trocar por escamas as plumas, semella que nos ceos ninguén pecha os grifos, debe estar mal visto e pagado o oficio de fontaneiro, xusto o día 11 chega o verán de san Martiño. 

Son só uns días, Xaquín, pero albízaras de igual xeito, non necesitamos paraugas para ir comer o polbo, aproveitemos. 

Amigo merlo, é obriga cada ano no día de hoxe, faga sol ou chova, acercarse á carballeira do Faramello, non sei se a mercar un cabalo, unha buxaina ou un sacho, pero sí a tomar unhas boas tapas de polbo á feira, mollar sopas de pan de trigo no prebe ata deixar o prato de madeira coma unha patena, e manchar os beizos cunhas cuncas de viño tinto. 

 Pero antes, Amigo Xocas, temos que adicarlle unhas verbas desexándolles a maior das ledicias a unha parella rianxeira que no día de hoxe pasan polo xulgado para oficializar a unión como muller e marido.

 Merliño, a vida dache agradables sorpresas de vez en cando. Tomo prestados para elo uns fermosos versos dunha Amiga poetisa de Pontevedra recén coñecida a través das redes, Anabelén Corbacho mil grazas... 

 Falan de mulleres guerreiras que libran duras batallas, e véñenme a pelo para facerlle honra á miña Amiga rianxeira, sendo outra a guerra :

 "A tí, muller de mil batallas,

 a tí, que es quen de abrir 

 cancelas pechadas, 

e de pechar

 feridas pasadas... 

 A tí, que eres berce, 

teito e acubillo

 cando o lóstrego asoma, 

a choiva molla, 

 e o vento azoa... 

A tí, que agora loitas vento en popa... 

 A tí, guerreira ! 

coas cores da coraxe 

 sempre por bandeira..." 

Manuela e Daniel, de parte do merlo, e miña, PARABÉNS...!! 

O Paraíso existe

VALENCIA

  Dicen que llora la luna, 

al filo de la mañana, 

cuando nadie la mira, 

cuando nadie le habla. 

Cuando todo es silencio, 

cuando el mar está en calma, 

suenan sirenas, 

que nos despiertan al alba. 

La inocencia de un niño, 

quebranta su alma, 

sus padres han muerto, 

vacía la casa. 

Suenan sirenas, 

en calles mojadas,

 aúllan los miedos, 

ya nada está en calma. 

La gente corriendo, 

buscando a los suyos, 

las mujeres lloran, 

vestidas de luto. 

¿A dónde van los sueños, 

cuando no queda nada, 

excepto el silencio, 

y el alma mojada?. 

Qué cruel destino

 nos trajo la noche, 

la lluvia enemiga 

matando a los hombres. 

Coronando el Cielo, 

un manto de estrellas

 tan inalcanzables,

 tú eres una de ellas. 

 

Paki Espiño, 2024 

 Con profundo pesar por lo ocurrido a causa de esta DANA maldita.

LOCURA DE AMOR

Y llegó el amor 

que tanto anhelaba 

entrando en mi vida 

con gran esplendor 

con sed de cariño

 te he recibido apagando

 así el fuego encendido

 las llamas ardientes

 de mi corazón 

al fin se apagaron 

repletas de amor 

 yo te doy cariño 

tú me das amor 

y unidos los cuerpos

 se acabó el dolor 

compartiendo juntos

 las luces y sombras

 forjando el destino 

de una mejor vida 

llegarán los hijos 

fruto del amor 

que ambos deseamos 

con toda ilusión 

y allá en el ocaso 

de la senectud 

seremos felices 

y recordaremos 

¡nuestra juventud! 

 

Miguel Alberto,2024

viernes, 1 de noviembre de 2024

"DINA"

   Levántome antes de que abrente faga acto de presencia clarexando as Brañas. Quero deixar unhas verbas, que quizáis soen tristes non por culpa da morriña do outono, antes de ir cara a Feira de Santos na "terra dos patricios". Facer unhas compras no Cerdal é a disculpa para papar uns boliños de bacallau e dar un paseo polo fermoso pobo de Ponte Lima...

  Saio ao balcón e atópome co merlo fóra do niño, non sei se tamén madrugou para espertar a aldea neste día tan de flores e cemiterios, de recordo dos nosos que xa se foron, ou aínda chega de celebrar a "noite do Samaín"...

  Está na esqueira do hórreo, como bo galego, sorrinte, e vendo o nó da garavata desfeito, faime tirar máis polo segundo, pero fíate ti do larpeiro...

  "Semellas abatido, Xaquín", é o primeiro que canta. Parece alleo a tódolos acontecementos que me van deixando unha ríada de tristura na Alma, cada vez máis fonda.

  Non te fíes da primeira impresión, río por non chorar, Xaquín, ata quedaron sen brillo as alas vermellas do presumido galo do veciño e soa triste o seu canto...

  A sabia Natureza manda cada día novos recados de que o río polo que navegades non é o axeitado, pero non queredes entendelo e só poñedes a roupa de augas, e por pouco tempo, cando a labazada que vós dá é de proporcións máis que tráxicas... 

  O ocurrido nestas datas coas inundacións é un bo exemplo, e aínda así teño as miñas dúbidas de que saquedes algunha ensinanza positiva. Memoria de peixe, apunta sempre unha moi boa Amiga túa.

  Pode que unha vez máis o merlo Amigo dé no cravo e axiña nos esquezamos de todo elo botándolle a culpa uns a outros, xa tardan, ata que chegue outra "DINA" que volva de novo a tumbarnos...

  Fai dous días era o covid, do que iamos saír mellores persoas; logo un volcán nas Canarias, do que tampouco nada aprendemos; agora as inundacións no Sur e no Levante, cun tráxico final de destrucción e de mortes, e así podería seguir ata valeirar o tinteiro...

  Cres, merliño, que abriremos dunha vez os ollos e desaparecerá a ameaza dun ceo de tenebras que non para de dar voltas sobre as nosas ocas cabezas, como se viviramos nun permanente tempo de caveiras, e santa compaña.?

  Oxalá forades quen de atopar un horizonte de luz e de esperanza, de respecto as leis da nai Natureza, Amigo Xocas...

  Pero son pesimista, e coido que seguiredes sendo a "raza intelixente" á espera dunha nova labazada...

  Mágoa...!!

  

  O Paraíso existe 





A VERDADEIRA ELEGANCIA


  A onde irás de traxe neste primaveral martes de outono, que eu saiba non é día de festa. Recorda, Xaquín, aquelo de nin te cases nin te embarques.

  Merliño, quizais teñan razón @s que din que eu son máis de ir de sport, e ti de voar de frac e gravata polas Brañas, sexa ou non domingo ou festa...

  Pero ás veces, Amigo merlo, temos a imperiosa necesidade de sentirnos elegantes, non digo guapos que é cousa da Natureza, e botarnos a voar na procura de doces soños que nos enchan a Alma, por lonxanos que os sintamos, que son dous días os que vivimos...

  Pode que para elo, antes de que chegue o inverno, haxa que pasar polo asteleiro para que nos arranxen as velas xa gastadas de tanto uso, ou nos poñan unhas novas.

   A vivir, non a voar, di o refrán, Amigo Xocas. Pero se cres que para vivir ás de voar, e necesitas traxe e gravata, busca un bo sastre, abre as alas, e adiante...

  Non esquezas, eso sí, que A VERDADEIRA ELEGANCIA lévase dentro da Alma...!!

 

  O Paraíso existe 




                                                             Xaquin Miguéns Ces

ABUELA

                  


¿Quién se queda con la abuela?

¡yo esta semana no puedo!,

tengo que hacerme las uñas,

tengo que arreglar el pelo.


No puedo cambiar mis planes,

para cuidar de la abuela,

que se quede con la tía,

que vaya con su nieta.


La abuela escucha en silencio,

y sueña con el abuelo,

¡qué felices fueron juntos,

estarán juntos de nuevo!


A rastras con sus pies cansados,

rezando va por la casa,

llorando sin tener lágrimas,

camina triste, descalza.


Mirándose en el espejo,

de rojo pinta sus labios,

riendo sin tener risa,

llorando sin tener llanto.


En el cajón las pastillas,

muy cerca el vaso de agua,

aquí se termina la vida,

nostalgia que el alma mata.


Se fue la abuela esta noche,

por ti lloran tus hijas,

adiós, adiós madre,

adiós madrecita querida.


Para llorar es muy tarde,

tu llanto no me consuela,

pues cuando estaba viva,

¡nadie quería a la abuela!


 Paki Espiño, 2024


DECLARACIÓN DE AMOR



Viaxando solitario

polos camiños do mundo

topei un Anxo na praia

preso dos seus pensamentos


naquela tarde de Outono

de silencio sepulcral

non sei si o Anxo rezaba

naquel fermoso areal


eu fiquei alí soliño

observando o querubín

i eu, tan só escoitaba

un respiro anxelical


máis cando a él me acheguei

mudou a súa silueta

transformándose nun intre

nunha fermosa doncella


de inusitada beleza 

de rasgos inconfundibles

bicando as olas do mar

i alí mismo comprendín


eras ti, ti...meu amor

agardando que eu chegara

querendo que te bicara

sendo as olas testemuña

 da nosa ardente pasión


e así unidos os beizos

quedei prendado de amor

respirando a túa fragancia

nun soño reparador!


 Miguel Alberto, 2024