Outra molladura...
E mira que lle digo,
larpeiro non saias do niño se chove...
Nin caso...
A gravata sen nó, o traxe pingando, o canto un rouquén... Un piltrafa...
Cando o merliño estaba pensando en trocar por escamas as plumas, semella que nos ceos ninguén pecha os grifos, debe estar mal visto e pagado o oficio de fontaneiro, xusto o día 11 chega o verán de san Martiño.
Son só uns días, Xaquín, pero albízaras de igual xeito, non necesitamos paraugas para ir comer o polbo, aproveitemos.
Amigo merlo, é obriga cada ano no día de hoxe, faga sol ou chova, acercarse á carballeira do Faramello, non sei se a mercar un cabalo, unha buxaina ou un sacho, pero sí a tomar unhas boas tapas de polbo á feira, mollar sopas de pan de trigo no prebe ata deixar o prato de madeira coma unha patena, e manchar os beizos cunhas cuncas de viño tinto.
Pero antes, Amigo Xocas, temos que adicarlle unhas verbas desexándolles a maior das ledicias a unha parella rianxeira que no día de hoxe pasan polo xulgado para oficializar a unión como muller e marido.
Merliño, a vida dache agradables sorpresas de vez en cando. Tomo prestados para elo uns fermosos versos dunha Amiga poetisa de Pontevedra recén coñecida a través das redes, Anabelén Corbacho mil grazas...
Falan de mulleres guerreiras que libran duras batallas, e véñenme a pelo para facerlle honra á miña Amiga rianxeira, sendo outra a guerra :
"A tí, muller de mil batallas,
a tí, que es quen de abrir
cancelas pechadas,
e de pechar
feridas pasadas...
A tí, que eres berce,
teito e acubillo
cando o lóstrego asoma,
a choiva molla,
e o vento azoa...
A tí, que agora loitas vento en popa...
A tí, guerreira !
coas cores da coraxe
sempre por bandeira..."
Manuela e Daniel, de parte do merlo, e miña, PARABÉNS...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario