Viaxando solitario
polos camiños do mundo
topei un Anxo na praia
preso dos seus pensamentos
naquela tarde de Outono
de silencio sepulcral
non sei si o Anxo rezaba
naquel fermoso areal
eu fiquei alí soliño
observando o querubín
i eu, tan só escoitaba
un respiro anxelical
máis cando a él me acheguei
mudou a súa silueta
transformándose nun intre
nunha fermosa doncella
de inusitada beleza
de rasgos inconfundibles
bicando as olas do mar
i alí mismo comprendín
eras ti, ti...meu amor
agardando que eu chegara
querendo que te bicara
sendo as olas testemuña
da nosa ardente pasión
e así unidos os beizos
quedei prendado de amor
respirando a túa fragancia
nun soño reparador!
Miguel Alberto, 2024
No hay comentarios:
Publicar un comentario