Hai días nos que nin variña nin chistera atopo, quen ollara o cicel ou a pluma...
Esperto e semella que me pasou por enriba da mente un tren de tempestades...
Teño a impresión de que o maquinista era a nai Natureza, que farta do mal comportamento dinos que pasemos pola capela do convento a botar uns rezos...
Que pecado cometemos, merliño.?
Quizais vos mire coma chimpancés cos petos cheos de bombas de man dispostos a destruíla, nada estraño...
Non vos viría mal uns días de exercicios espirituais para reflexionar sobre o por que da oscuridade na que vive a Alma da raza humana, rodeada continuamente de LACRAS...
Celébrase hoxe o "día internacional do cancro de mama", unha máis que engadir á colección.
Consideras unha utopía librarnos dela, Amigo merlo, nun futuro máis ou menos lonxano?
Oxalá que se transforme en luz a oscuridade da noite, que unha estrela fugaz veña a pór orde neste planeta de locos no que se convertíu a Terra, un brumoso laberinto de tolos, que decía unha Amiga...
Sódela raza intelixente e quizais consigades que esa enfermidade, que remata coa vida de tantas persoas, e queda tan gravada a quenes lles toca vivila de cerca, desapareza...
De momento, toca rezar e seguir investigando Amigo Xocas.
Por moito que un queira hai días nos que non é capaz de abrir os ollos a Alma, só vé follas secas voando...
Mesmo o canto do merlo escóitase triste nas Brañas...
Que un raíño de esperanza, unha estrela fugaz, non falte na noite...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario