jueves, 24 de octubre de 2024

AGARIMO


  Non deixa de chover nas Brañas, nin ollo sequera o río mentres na horta abanean os xirasois co vento na procura dunha pequena raxeira...

  Onde vai que o verán pasou a mellor vida, o merlo dime que hoxe non canta nin pensa saír do niño, que ten a secar o frac, que onte mollou as plumas...

  I eu que quería preguntarlle o que pensaba sobre o que din de antigo de que as flores medran máis lindas se lles falamos con  AGARIMO...

  Pecho o tinteiro e deixo a pluma no banco neste luns de zapateiros gris, non sen antes espallar ao vento unha pregunta: Que pasaría se tamén o fixeramos coas persoas que a diario a carón noso camiñan...?

  As respostas semella que as leva hoxe a chuvia con ela, mágoa, mañá é outro día...

  Agarimosas apertas...!!

  

  O Paraíso existe 





                                                                 Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario