miércoles, 25 de octubre de 2023

AS PEDRAS

   


Velaí están as pedras,

impertérritas de estampa

co seu disfrace de tempo

vendo como as vidas pasan.


Insomnes espectadoras

de historias amoreadas,

as comedidas pedriñas

nin censuran, nin delatan.


Velaí están as pedras

evocadoras, caladas

perpetuamente presentes

¡Ai, se as pedras falaran!


                            Silvia Figueiras Dovalo


E AHORA QUÉ?

 


 

Despois de tanto tempo,

secou a nogueira,

deixou os suspiros

voar na soleira.

 

Ergueita sigue, desafiando o vento,

pero cada día perde o seu contento.

 

Onde quedou todo o seu verdor,

hoxe tremen as polaschorando de dor.

 

Sempre estivo ahí como un monumento,

xa pouco lle queda no seu esquecemento.

 

  M. Dolores Ríal,2023

 

ISRAEL

      


No puede haber

mas tristeza

que dos pueblos

enfrentados


la querida

Israel

luchando

eternamente


nunca entenderé

una guerra y

menos en Tierra Santa

luchando por sus razones


otra vez enfrentados

dos pueblos hermanos

luchando sin tregua

¿en nombre de qué?


Que callen las armas

y fluya el diálogo

que hablen los hombres

en son de la paz


cristianos, ateos

judios, musulmanes

firmemos la paz

queridos hermanos


allá donde fuéramos

repartamos amor

olvidemos el odio

¡démonos la paz!


 Querido pueblo Judío llevais más de dos mil años en guerra para defender vuestra tierra y vuestra cultura, unas veces habéis ganado y otras perdido, como todas las guerras en este mundo, pero vosotros especialmente habéis perdido tantas veces que no consigo saber cuantas han sido.

 En estos últimos días fuiste atacados por el grupo Hamás, una vez más, y siempre en guerra, comprendo, vosotros teneis que defenderos, y ahora me pregunto, ¿hasta cuando estareis matándoos entre hermanos? Desde mi humildad me atrevo a deciros, basta ya de guerra, algún día tendréis que firmar la paz para poder vivir en armonía y total libertad. 

  Miguel Alberto, 2023


sábado, 14 de octubre de 2023

MELANCOLÍA

 


 

De un mirar para outro lado,

pasou a longa primavera,

quedou nun suspiro lonxano

e recendo a caraveles.

Fun prendendo de recordos

as paredes do meu lar,

cando os anos van chegando

dispostos para pasar.

E cambio penas por dores,

ledicias por melancolía,

e deixo que veña a noite

e deixo marchar o día.


  M. Dolores Ríal, 2023

  

 

E AÍNDA EMPEZA


  Levántome coa Alma entre tebras, teño a impresión de que pasei a noite pechado nunha gaiola de arames...

  Abro a fiestra e ollo o abrente do Val, semella tan amorriñado como a miña mente...

  Necesito máis que nunca dos consellos do merlo Amigo para rachar os arames que me teñen preso e atormentado, pero nas Brañas non se escoita seu canto...

  Pode que a razón esté da súa parte cando me di que non voa nen canta ata a primavera, que  a chuvia estropéalle a gravata e o traxe, e o frío o  gorxelo, que chegou o tempo no que ata o graxo voará baixo.

  Acicálome e saio a dar un tranquilo paseo pola beira do río tratando de convencer a Alma de que o que olla non é certo, que o amencer de hoxe nada ten que ver co que a mente pensa...

  Chámanlle outono os siquiatras, un mago cunha xaula por chistera e arames oxidados por vara, que camiña alleo aos sentimentos de moita xente...

  Espero atopar no horizonte as emocións que me axuden a eliminar a néboa da mente, abrir as alas i emprender voo ata as pólas máis altas, onde din que constrúen seus niños os soños...

  E AÍNDA EMPEZA...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                Xaquin Miguéns Ces

EL SILENCIO

                  


Te amaré eternamente

aunque sin respuesta

no la necesito

pero...¡feliz me siento!


Te amaré aunque sufra

por tu gran silencio

tú, sigue callando

seguiré escribiendo


mientras tenga tinta

plasmaré en papel

lo que por ti siento

y tanto deseo


no importa que huyas

que te alejes sola

allá done fueras

no serás dichosa


llegará ese día

en tu soledad

allá en la distancia

podrás recordar


que me has olvidado

sin decir adiós

tú, vuelve querida

y...¡me encontrarás!


  Miguel Alberto, 2023


lunes, 9 de octubre de 2023

VEROÑO


  Que marabilloso tempo estamos a disfrutar,

máis que outono parece verán...

  Bautizouno como VEROÑO a imaxinación,  resístese a luz a deixarse gobernar polos ocres, dos grises aínda nada se escoitou...

  A pesares, a maceira vai perdendo as follas e as noites van ganando tempo de máis...

  Levántome e abro a fiestra, alguén deixou na graneira unha imaxe ben fermosa...

  Foi o sol quen colleu a paleta, os pinceis e as cores de madrugada e pintou un abrente de postal...

  Canta o  presumido galo do veciño,

o son dunha frauta escóitase no Val,

espoldréxase o merlo no niño,

semella pedir un anaco de pan...

  Sorrío...Traxe e gravata...Amence nas Brañas...

  Na Illa de Arousa terei un domingo de praia,  "Abellas" e "Soles"...!!


  O Paraíso existe 




                                                               Xaquin Miguéns Ces