lunes, 9 de octubre de 2023

VEROÑO


  Que marabilloso tempo estamos a disfrutar,

máis que outono parece verán...

  Bautizouno como VEROÑO a imaxinación,  resístese a luz a deixarse gobernar polos ocres, dos grises aínda nada se escoitou...

  A pesares, a maceira vai perdendo as follas e as noites van ganando tempo de máis...

  Levántome e abro a fiestra, alguén deixou na graneira unha imaxe ben fermosa...

  Foi o sol quen colleu a paleta, os pinceis e as cores de madrugada e pintou un abrente de postal...

  Canta o  presumido galo do veciño,

o son dunha frauta escóitase no Val,

espoldréxase o merlo no niño,

semella pedir un anaco de pan...

  Sorrío...Traxe e gravata...Amence nas Brañas...

  Na Illa de Arousa terei un domingo de praia,  "Abellas" e "Soles"...!!


  O Paraíso existe 




                                                               Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario