Merliño, logo dunha tarde de línguas afiadas e unha noite de coitelos longos, parece que as verbas de onte non lles sentaron ben a máis dun, non é o abrente de hoxe o mellor xeito de comezar co cicel, as brétemas van gañándolle a partida a un sol que pelexa por asomar nas Brañas.
Polo de agora, Xaquín. Na torta rama dalgún carballo escoitei que a imaxinación é o camiño da liberdade, déixaa voar.
Seguindo os consellos do merlo, tamén da Xílgara Amiga, pedíalle a Merlín fai ben pouco que pintara o fermoso do outono, que o ten, imaxino a Ría máis bella que a Natureza tivo a ben tallar...
Co reflexo do solpor nun mar calmo, as pólas das árbores espidas, e baixo un silencio sepulcral, novas ilusións asoman na Alma dun humilde picapedreiro, coas alas abertas disposto a non deixarse asolagar...
Contan os científicos, sempre tan escépticos, que estamos feitos de átomos...
Canta o merliño que de sentimentos...
De historias que fan camiño, escribíu Eduardo Galeano, apertas Manuel...
Son os soños nosa forza motriz, a luz que ilumina o sendeiro polo que camiñar, é o pensar dun picapedreiro das verbas, un ninguén con pingas de tolemia, ou eso din...
Rachando o marmóreo silencio deste día outonal, na lacena da súa Alma ábrese unha das moitas caixiñas de cores que garda, das que a miúdo necesita botar man...
Uns violíns máxicos saen voando...
"FOI FASCINACIÓN..." escóitase no ceo do Paraíso...
Quizais un soño, merliño.
Traxe e gravata, é domingo, Xaquín...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario