martes, 18 de noviembre de 2025

A ESCOLA DA NAI NATUREZA


  Esperto sensible, non pasei boa noite. A chuvia non para, semella ser doña das Brañas...

  De min a morriña, nen gañas tiña de erguerme. Mesmo o teu canto de mañá cedo, merliño, sóabame desafinado...

  Pero, aínda que tarde, as verbas da miña curmán que semellan un berro de auxilio, apertas querida Marisa, obríganme a botar man do cicel e do martelo.

  Quizais sexan os restos das emocións que revoando trouxeron os días pasados, Xaquín. Agólpanse os recordos dos seres queridos e Amig@s que nos deixaron para sempre, e os sentimentos, rebordaos, necesitan saír por algún lado...

  Se xungues a elo que o verán de San Martiño non dá chegado, escoitei que a Galicia chega na Renfe este ano, faladurías de páxaros, nada ten de estraño o xeito no que vos atopades agora mesmo.

  Seguro que ti, Amigo larpeiro, tes un santo remedio que nos axude ao saír do atolladoiro.

  Amigo da Alma, hai unha forma sinxela de arranxalo, acude á ESCOLA DA NAI NATUREZA, a máis sabia das mestras agárdache nela...

  De par en par ten abertas as fiestras dende as que captar imaxes que che quiten da Alma a morriña.

  E que necesito, merliño, para ir a esa escola que me recomendas.?

  Moi pouquiñas cousas, Xaquín. Un cartafol cunha cámara de fotos colgado dunhas alas dispostas a voar sempre, e ter moi abertos os ollos da Alma...

  Unha imaxe que faga dar un brinco para coller o cicel non se consigue con só apertar un botón en calquer recuncho, hai que sentilo alá dentro...

  É unha vibración interior, o resultado da máis profunda emoción dos sentidos...

  Unha linguaxe que só a través dos seus ollos, a Alma é quen de transformar en poesía...

  Un solpor en Tanxil podería servir para tallar unhas verbas se tivera Alma de poeta o picapedreiro, mágoa...

  Xocas, a onde vas tan apresa.? Aínda non rematei. Sei que ollastes o diaño agochado entre as follas.?  

  Chego tarde á escola, merliño...

  Mañá falaremos...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                  Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario