miércoles, 8 de octubre de 2025

UN BUCEIRO


  Raza intelixente dicides que sodes, Xaquín. Semella unha broma de mal gusto escoitando algunha xente :

  "Ya se han dado el baño y, a partir de ahora, subvenciones para chiringuitos, para el teatro, para el cine".

  "Si la asamblea de facultad flotante creyera que Israel es un estado genocida, no hubieran ido ni locos".

  Esqueceuse das "cañitas", merliño...

  Definitivamente perdeu o rumbo. De verdade que nos "Madriles" non hai un psiquiatra de garda nen venden camisas de forza...?

  Non ía botar man do cicel o picapedreiro, pero escoitou nos medios de comunicación unha víbora botando veleno e non puido resistirse a tallar catro verbas, por moito que queimen o coiro dalgún que lle aplauda...

  Disque vivimos tod@s no mesmo mundo, pero non baixo o mesmo ceo, semella... 

  Fai falla ter un Alma ruín para non ver máis alá do que un deus vanidoso. De verdade son o poder e os intereses do capitalismo o xeito de ver a vida e o rumbo do Planeta, por enriba de calquera outra circunstancia, mesmo o xenocidio de nenos e cidadáns indefensos...? 

  Gaza necesítanos a tod@s. Chufarse daquel@s que arriscando o pelexo cruzaron o Mediterráneo en cascas de noz para dicirlle aos israelís que xa é dabondo, e ao mundo que non podemos permanecer de brazos cruzados por máis tempo diante da masacre do pobo palestino, é dunha baixeza que non ten nome, merliño.

  Sí que o ten, chámase fascismo, Xaquín.

  Amigo merlo, chegou o outono, e todo parece cambiar na Natureza. Sobresaen os ocres na paisaxe, hai menos luz, e vai enchéndose de follas secas o chan...

  Polo que se ve caen tamén as caretas e falta a luz nalgús cerebros, se algunha vez as tiveron...

  Igual que as polas das árbores, quedan espidas as Almas, e aquelas de madeira seca, sen luz nen verdadeiros valores, arden nunha fogueira de vanidades.

  Rematou o verán, Amigo Xocas, pero non o fin desta travesía de medos, dúbidas e incertezas, pois o outono parece traer máis do mesmo, noites escuras, malos soños e pesadelos...

  A luz da lúa e as estrelas vese eclipsada polas línguas de lume, mentiras e pantasmadas, de certos dragóns...

  Co amencer, e ollando os rescoldos que van deixando as línguas viperinas ao servizo duns voitres carroñeiros nunca fartos, penso se realmente cren estar en condicións morais de abrila boca, por moito que acudan a comulgar na misa do domingo, Xaquín.

  Chegou o outono como ben dis, larpeiro. Tempo de cogomelos, amanitas velenosas algúns, coma certas línguas de trapo que a miúdo poñen a espallar o ventilador sen mirar se teñen a Alma libre de pecado...

  A miña dignidade mándalles un saúdo e recoméndalles un menú degustación :

  Psicoterapia, lorazepam, camisa de forza,  algo máis que me calo para non pórme á súa altura, por máis que sexan pequech@s de corpo e anan@s de Alma...

   E de sobremesa, merliño, UN BUCEIRO...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                             Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario