Carallo, como brilla o teu traxe, merliño...
Impoluta a gravata amarela, non podo crer que sexas ti o que ollo reflexado na graneira...
E como che repenica o gorxelo, facía tempo que as Brañas non escoitaban un trino tan afinado.
Jajajajaja...Que menos, Xaquín. Según vós, hoxe é o día do meu santo.
Non sei de que me falas, cóllesme en Babia, larpeiro.
Ai, Xaquín, Xaquín...Onde vai que saíu o sol, aínda que chova miúdo no Val de Laiño. Que ti te esquezas que a chamada raza intelixente celebra cada 4 de outubro "o día do ecoloxismo e dos animais", entre os que nos atopamos os páxaros... Algo estaredes facendo mal se tedes que adicarlle un día. E o resto do año. ?
Enriba que es un páxaro especial, saído do cerebro dun loco, non dun ovo como sería o normal...Non teño perdón, merliño.
Considéraste tolo, Xaquín, por levar gravadas na Alma a maceta e cicel as TÁBOAS DA LEI DA NAI NATUREZA.?
Paso polo forro de xa sabes onde o que digan as línguas dalgunhas "mentes preclaras" porque me adique a ter conversas contigo de vez en cando, Amigo merlo.
Canto mellor lles iría, Amigo Xocas, se abriran os ollos para ver o que a Natureza lles mostra e foran quen de interiorizalo, pero moitos son incapaces de falar con ese merl@ que cada un leva dentro...
Non digo que se convirtan en San Francisco e vaian predicando aquelo de "ven aquí, irmán lobo", pero sería outro o respecto polos animais e a Natureza vivir en armonía co medio ambiente, e faría do Planeta un espazo máis habitable...
A miúdo, Xaquín, mándavos recados a nai Natureza para dicir que ela é quen manda, e non vós, pero os fachos dos vosos atoados cerebros non lle fan ningún caso.
Falas coma un libro aberto dende o meu punto de vista, merliño. Estaremos aínda a tempo de atopar o rumbo axeitado para deixar ás xeracións vindeiras un poema musicado por mundo.?
Sería moito pedir, Xaquín. Pero alomenos non teñan que dar dentelladas @s net@s por un caroliño de pan e unha pinga de auga.
Teño claro, Amigo merlo, que agora mesmo non imos polo camiño correcto, do contrario non estariamos hoxe de celebración...
A pesares, merlo Amigo, feliz onomástica teñades...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario