miércoles, 8 de octubre de 2025

CORPO E ALMA SON UN TODO


  Luns de zapateiros dun outono que navega polas Brañas...

  Sopla un vento do nordés que trae con el o veranciño de san Miguel...

   Comezan a caer as follas, cambian as cores das canaveiras, pode que as cadernas rotas da Alma fagan velo todo escuro...

  Acaso, Amigo merlo, Corpo e Alma non están sempre dacordo.?

  Deberían, Xaquín, pois a Alma non é quen de navegar se o barco ten necesidade de varar no asteleiro...  

  E unha nao sen Alma axiña perde o rumbo... 

  CORPO E ALMA SON UN TODO.

  Sopla un lixeiro nordés que trae o bo tempo, ledicia no corpo...

  Adóñanse das Brañas as cores bermellas,   melancolía na Alma...

  É o que ten o outono, merliño...!!


  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario