Esperta o merlo tristón, preocupado polas alas dunha X...ílgara Amiga, que semellan rotas. Non sei se axudarán a compoñelas as simples verbas dun páxaro...
Cando sintas todo escuro, ollar o abrente, como brilla o sol polo camiño ata desaparecer deixándonos imaxes de postal no Paraíso, arcos da vella nos que subirnos, é un privilexio reservado a aquél@s que senten esa emoción que fai espertar a Alma, mesmo deba renacer das súas cinzas, coma un Ave Fénix, se ardeu no lume dalgún inferno...
Cando sintas todo escuro, que nada ten sentido, que a vida é un tormento e ata che fallan aquel@s que menos esperabas, mira ao teu arredor e trata de interiorizar ese mundo de cores e soños que che rodea, aínda que no olles a primeira vista...
Vivir é descubrilos e facelos realidade...
É o melodioso trino dun merlo, o canto dunha xílgara, marcarse os pasos dun tango, escoitar a música envolvente dun fado...
As cóxegas nos pés das olas bicando as areas da praia...
Esa brisa mareira que nos acariña os beizos e nos da alas...
O reflexo nas redes sociais do sarcasmo xenial dunha pluma que a algúns da medo, e a tantos namora...
Querida X...ílgara, súbete ao arco da vella, espide as emocións ata quedar sen alento...
Desprega as alas e VOA...!!
Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario