jueves, 15 de mayo de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Neste gran día
das letras Galegas
tentarei escribir
o amor que profeso


amor á Terra
á nosa cultura
a xentes chegadas
dallende outros mares


tanto si somos nativos
ou somos migrantes
respiramos Galiza
polos catro costados


a Terra e de todos
témola prestada
disfrutémola xuntos
nesta encrucillada


a Galiza viva
téndeche os brazos
a ceibe Galiza
ós fuxidos da fame


síntete galego
querido chegado!
tamén esta Terra
foi xente emigrante


acollamos con amor
a todo o que chega
para engrandecer
a querida Patria


nesta liberdade
deste gran País
disfrutemos todos
da querida lingua


As letras Galegas
en verbas do pobo
a nosa expresión
reflexo da alma.


Miguel Alberto, 2025

No hay comentarios:

Publicar un comentario