BOLBORETAS NEGRAS
A carón da xanela,
xogan catro bolboretas,
duas de cor vermello,
as outras duas, eran negras.
Quen vos fixo tan fermosas,
quen vos fixo tan feitas,
o voar, e case música,
de miles de pandeiretas.
Danzando ó vento están,
cheas de agarimo e ledicia,
os agasallos da avoa son,
cando no seu colo me bica.
Voade, voade lonxe,
voade, hasta tocar o Ceo,
decídelle ós meus pais,
as ganas que teño de velos.
Catro bolboretas xogan,
nun Ceo cheo de nenos,
son Anxos que xa partiron,
xa están nos brazos do avó.
Paki Espiño, 2025
No hay comentarios:
Publicar un comentario