Non che esperaba erguido tan cedo para ser luns de zapateiros, Xaquín, semella que che botaron do niño...
Necesitabas arranxar as pallas, ou non estaba de humor a parenta.?
Merliño, son de pouco durmir, esperto cos primeiros quiquiriquís do galo presumido, o troco das pallas fago no fin de semana, da parenta nada digo que non saibas, ningún é o motivo de atopáresme a pé...
Cambiarías ti, Amigo merlo, a posibilidade de cantar diante do amencer das Brañas por disfrutar un pouco máis do niño.?
Amigo Xocas, ben sabes que no faría.
Pois eu, merliño, non tería Alma se renunciara a inmortalizar como o astro rei asoma sobre o Xesteiras co cartafol dos pinceis na man, mentras ti latricas dende o cumio do graneiro.
O que estarán pensando algúns, Xaquín, sobre o de madrugar para ver saír o sol e escoitar un paxaro.
Non vou preocuparme polo que poidan dicir, merlo Amigo, aquel@s que teñan atadas as alas da Alma. Alá cada quen co seu particular xeito de entender a vida...
Madrugar sen obriga de ir a "galeras", é para min unha larpeirada de deuses...
Ollar o abrente e charlar contigo, sentir como espertan as Brañas á vida, é a AMBROSÍA que a miña Alma necesita neste luns de zapateiros, máis nada, merliño...
Ata outra latricada...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario