Sinto como todo recende dun xeito diferente,
chegaría a primavera...?
Ollo o merlo Amigo na súa atalaia, a cruz da vella graneira, dende a que domina as Brañas iluminadas por un sol reparador mentras se escoita o reclamo dunha torcaza...
No xardín, éncheme a Alma de lindos poemas a ave do paraíso debaixo da aínda espida maceira...
Colgado das súas alas de cores, co cicel e o martelo emprendo o voo, é meu irrefrenable desexo seguir tallando soños...
Escoito unha música acariñadora saír do pentagrama da nai Natureza...
Soan baixiño os silencios e as corcheas, como non querendo perturbar o voo das bolboretas...
Bailan unhas calas ao pé do hórreo, uns abellóns revoan arredor delas, parecen querer botarlles un agarradiño e chuchalas...
Unha xílgara e unha lavandeira observan sorrintes na cheminea, di aquela que bailan os xarros por culpa do vento que sopla, da música agarimosa a lavandeira.
Esperta, Xaquín...!!
"Lorenzo", está de "moscoso", deixou os pinceis no banco este luns de zapateiros...
Din que son cousas de dona Coresma, xa sabes...Amenceu un día gris, frío, "carrancudo", nin os graxos voan, chove nas Brañas e ti no niño do deus Morfeo divagando.
Ti tamén, merliño, encerrándome a Alma nunha gaiola...
Ti, de quen menos esperaba eses grosos barrotes impedíndome o voo...
Ti que me dis sempre que os soños xamáis teñen arames...
Que SOMOS CANTO ANHELAMOS...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces

