Mellor prever que curar, merliño..
Sinto frío, dicía onte, esperto hoxe coa necesidade de varar o corpo e a Alma no asteleiro.
É primavera, Xaquín.
Ben sei, Amigo merlo, que chegou a estación pola que tantos meses levo suspirando, digo a miúdo que teño Alma de primavera, pero certos acontecementos non lle permiten desfacerse das vellas roupas do inverno e vestirse coas cores do arco da vella...
O acontecido coa querida Sefa non é máis que un dos motivos, a punta dun iceberg polo que a Alma nota un profundo arrefío e pide un obrigado descanso...
Érgome, merliño, coa sensación de que o corpo, e sobre todo a Alma, necesitan un arranxo...
O tempo dirá cando se atopen en disposición de voltar a navegar polos mares da ledicia. Mentras, solicitan un FRANCO DE RÍA.
Non sei o que significa, Xocas.
Os que viviron a mili obrigatoria saben de que estou falando, para os demais direi que era un permiso para deixar as roupas de soldado colgadas no roupeiro e fuxir da rutina fóra do cuartel un fin de semana.
Estasme dicindo, Xaquín, que non vas madrugar para ollar o abrente das Brañas mentras eu canto.?
Unha cousa, merliño, é gozar delo e outra publicalo. Deixarei de aparecer polas redes un tempo, espero que non sexa demasiado, pero necesito desconectar ata atoparme en perfecto estado de revista...
Botarei moito de menos a cantos teñen a ben alegrarme os días cun "me gusta", ou cun comentario. Meu desexo, merlo Amigo, que sexan felices e disfruten da estacion do renacer da vida.
E para ti, Amigo Xocas, non pides nada.?
Tería dabondo se as bolboretas voltaran axiña a chuchar na Alma deste pobre picapedreiro, e co cicel e o martelo poidera tallar unhas verbas...
Máis nada, merliño.
Amig@s, ata outra mellorada...!!
O Paraíso existe

No hay comentarios:
Publicar un comentario