domingo, 16 de marzo de 2025

NON HAI MELLOR MESTRA


  Continuan no ceo brilando as estrelas, na aldea nen o galo presumido comezou a cantarela...

  Que  fas a pé tan cedo co frío que fai...? Vas coller un arrefriado, Xaquín.

  Acaso, merliño, non limpáchelas lagañas antes de saír do niño...? Non me ves  bailando.?

  Dirán que estás tolo, paréceche que todo o mundo escoita cantar a Natureza.?

  Amigo merlo, dende a graneira espertas a diario co teu trino as Brañas e ninguén se estrana.

  Hai un longo treito entre o voso xeito de actuar e o noso, Amigo Xocas...

  Quen nos creou a nós programounos sen capacidade de razoamento, mandounos cun libro de instruccións debaixo do brazo, e del non podemos saírnos para que ninguén se leve a engano cando nos vexa ou nos escoite bailar e cantar, algo que non ocorre coa chamada "raza intelixente", que non trae nen libro nen cáseque nada de serie, coido que nen Alma...

  Recorda, Xaquín, o que dicía o gran filósofo Ortega e Gasset sobre a raza humana :

  "Somos nós e as nosas circunstancias".

  Estasme dicindo, merliño, que todo é un diario aprendizaxe.?

  Así mesmo é para vós, Xocas. A Natureza, por exemplo, é unha escola coas portas e fiestras continuamente abertas, e non tod@s asimilan de igual xeito as súas ensinanzas, a maioría nen ven nen escoitan...

  Ti bailas diante dela porque a túa Alma cura as feridas ollando os abrentes e os solpores, mentras outr@s din aí está o tolo das pingas bailando, dentro dun pouco contaranos que estivo falando cun merlo, se fora cavar a horta que a ten a monte.

  Mira, merliño, que preocupado me atopo por elo, jajajajaja. ..

  Cada quen colga das alas o cartafol e voa cara a escola que máis lle inspira, a miña é a da nai Natureza...

  NON HAI MELLOR MESTRA...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                     Xaquin Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario