jueves, 3 de octubre de 2024

UNHA LOTERÍA

 UNHA LOTERÍA 

 Traxe e gravata...

 Que marabilloso arco da vella para soñar, merliño, estou canso desta soedade.

  Non debe ser a soedade motivo dabondo para deixarse levar e caer nos brazos de Cupido...

  Non te tires á piscina sen máis, podes mollar o traxe, ou pode que non teña auga, Xaquín. De noite, ou a contraluz, tódolos gatos son pardos, mesmo se confunden con cans ou cadelas en ocasións...

  Os solpores, Amigo Xocas, a pesares das súas máxicas cores, son antesala dunha oscuridade que pode acentuar ese ánimo...

  É a noite o momento de caer nas mans de Morfeo, pero ás veces lévanos esa soedade a buscar os brazos do deus das frechas, co perigo que conleva se te deixas influenciar polos soños e movidas que  pode pintar no teu ceo...

  Quizais non sexa o lugar máis adecuado  chegada unha idade, tódolos gatos son pardos, recorda...

  Pídelle ás estrelas que che iluminen, non as confundas coas luces de neón, ou espera á luz do abrente. Fuxe da noite, Xaquín, como conselleira non é boa amiga...

  Cupido, a esas horas, debería recomendar levar cueiros no lugar de frechas e arco...

  Acertar é UNHA LOTERÍA, Xocas...

  O habitual é cagala...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                  Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario