viernes, 4 de octubre de 2024

APARECEU...!

 

  Donde estás merliño...?

  Pareceume escoitar o seu trino onte á tarde nas Brañas...

  Nunca choveu que non escampara, ata dempois do diluvio universal saíu a voar unha pomba...

  APARECEU...!!

  Non é sen tempo, dirán aquel@s que botan de menos seu canto cada mañá, graciñas...

  A outr@s comeranos os demos, hai para todos na viña do señor...

  Abrir a fiestra, ollar como esperta á vida a querida aldea, quítame as legañas dos ollos...

  Co traxe impoluto, escoitar na graneira o teu canto antes que a lúa deixe de iluminar as Brañas, merliño, libérame das teas de araña da Alma.

  Necesitaba alonxarme do mundo por un tempo, mirar cara adentro, atopar o camiño que me clarexase as ideas, Xaquin. Ou perderme definitivamente...

  A tod@s nos vén de maravilla resetear a mente de cando en vez...

  Foise o verán e con el a luz, caen as follas secas nun outono gris que camiña sen sorrir, e pensei que o día do ecoloxismo e dos animais podía ser un bo momento para voltar a cantar...

  Merlínnnnn...!!, era fai pouco o berro da Amiga X...ílgara unido ao recordo dun páxaro ben fermoso, o martín pescador, "a xoia voadora".

  Non me estraña que digan que estás un pouco tocado da ala, Xaquín, a túa vida semella unha paxareira, jajajajaja.

  Pero que fermosos páxaros revoan nela, merliño.

  Xa quixera, Amigo Xocas, ser mago e sacar da chistera un trino que chegara á Alma daquél@s Amig@s que o botan de menos, e respostarlles cun sorriso de "mil grazas"...

  Con apertas a eses mimos en xeito de verbas de "todo ben...?, queremos lerte..."

  Esas apertas que se dan coa Alma, e que van máis alá de onde acadan os brazos por longos que sexan...

  "Prohibido baixar a garda, por moita morriña que teñas da primavera", repítenme aquel@s que me coñecen e desexan ollar de mañá catro verbas que leven a signatura do merlo picapedreiro no "Paraíso existe".

  É outono, pero que ledo sería se ao amencer o canto do merlo Amigo fora quen de mostrarme un horizonte de luz trala tormenta, clarexarme a mente e, mesmo entre brétemas, facerme ollar o sol sobre o Val comezando a pintar un ceo amarelo, as azuis augas do Ulla baixando ledas entre as secas canaveiras co Xesteiras por testigo...

  Oxalá, cada novo abrente, non deixe de cantar o merlo nas Brañas...

  Mil grazas a quen queira escoitalo...!!


  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario