Que fermosa está a miña aldea,
cheiños de lama os camiños,
choiva que lava as penas,
da alma dos meus meniños.
Como recende a terra mollada,
lembranzas de tempos pasados,
coa mirada perdida no tempo,
cando de cativos na eira xogábamos.
Ollando a través da xanela,
como cae a auga de Outono,
cada quen buscando cuberto,
como corre a velliña cos zocos.
Rechinan os zocos nas pedras,
un canto de amores lonxanos,
ós avós dando agarimo,
e chorando cos ollos pechados.
Paki Espiño,2024
No hay comentarios:
Publicar un comentario