martes, 25 de junio de 2024

UNHA VIDA PLENA


  "Non debemos de preocuparnos de vivir moitos anos, sí de vivilos satisfactoriamente ".

  A lúa no horizonte, nada se sabe aínda do abrente deste primeiro venres do verán, e ti filosofando, Séneca nada menos, Xaquín,  jajajajaja..., logo non che gusta que digan que tes unhas pingas, son benévolos contigo.

  Non che esperaba tan cedo, larpeiro. Pensei que recuncarías no niño papando as cereixas que trouxen da feira, estaban ben boas, vaia farta...

  Pero vexo que lle quitas punta a cánto digo ou penso, es jodedor, que diría a Amiga Arianna. Tes sorte que este pantalón non leva peto no cu para gardar o tirapedras...

  Posto que madrugaches e tela barriga chea, dá mellor pensar, non vou desaproveitar que o teu trino me acariñe de mañá os miolos...

  Dime que é para ti vivir satisfactoriamente, merliño.?

  Fas preguntas para nota ben cedo, Xaquín, pero vou respostarche a risco de non acadar un cinco raspado...

  Chamarialle paz, se o reloxo da vida vai debullando as horas con calma...

  Soñar, se o amencer nas Brañas é unha explosión de cores na Alma...

  Conciencia tranquila, se o solpor do Paraíso cha deixa pampa...

  Almofada mullida, se chegada a noite, e feito o reconto, dormes a perna solta.

  Para, para...Estasme cantando, Amigo merlo, que unha vida satisfeita só depende da Alma.?

  Así o sinto, Amigo Xocas. É ela quen elixe as cores, e as notas que soen no pentagrama, do cadro diario da vosa existencia.

  O canto do merlo resoa nas paredes do graneiro, semella un martelo batendo no ferro, abrouxa os miolos...

  Déixame pensativo o xeito de ver a vida deste merlo do carallo...

  Deixa todo o material de lado, pero enche a barriga de cereixas ou de pan de centeo con uvas e noces cando se lle antolla...

  Fronte a bella Cortegada, en Carril, teño hoxe unha sardiñada, invitáronme os Amig@s de "galeras" cos que remei cóbado con cóbado durante tantos anos, apertas, para celebrar o San Xoán. Non entrará no cupo do que é para o merlo UNHA VIDA PLENA...?

  Suso, vai preparando as ascuas...!!

  

  O Paraíso existe



                                                                 Xaquin Miguéns Ces




















No hay comentarios:

Publicar un comentario