martes, 25 de junio de 2024

INVENIENT ME


 Podería contarvos moitas desgrazas e anécdotas que sucederon neste noxento e desagradable mundo pero voume centrar neste caso. Isto pasou en Orix, unha pequena e sucia aldea, máis aburrida que o xadrez. Neste pobo vive pouca xente, pero eu vouvos falar de dúas familias en especial, os Jackson e os Soller. Os Jackson son unha familia nobre, amable e traballadora; ao contrario que os Soller. Esta é unha familia rica, groseiros e vagos. A nosa protagonista, grazas a deus, forma parte da familia Jackson. Esta chámase Amber, Amber Jackson e a miña historia comeza así.


- Bryan, que asco ter que empezar outra vez o  instituto, non pensas? - Dixen con toda a pereza do mundo enriba.

- É o que hai, ao final cos anos acábaste acostumando a mesma rutina de sempre, e ti, que aínda empezaches o instituto o outro dia, non te queixes. - dixo Bryan.

Bryan era meu irmán, un mozo alto e musculoso (di el), con pelo e ollos castaños; claramente o típico popular do instituto. El vai en 4º da ESO, e por iso xa tiña máis experiencia. Bryan aínda que teña moitas admiradoras é o típico rapaz calado con todo o mundo, pero con migo non tiña vergoña ningunha. Dende pequenos, pasábanmos moito tempo xuntos e falabamos de todo.

Hoxe era o noso primeiro día de instituto, o meu segundo ano. Como todos os anteriores anos colliamos o bus nunha parada ao lado da nosa casa.

— Amber, corre, que imos chegar tarde!

— Vou, vou, espera a que remate de botarme o rímel.

— Ai, outra vez co couso ese, déixao xa que estas igual de guapa.

Estaba farta, pero como me pediu, deixei o rímel na casa. Os dous corremos ata a parada onde nos estaba esperando o bus. Cunha axilidade veloz subimos nel e sentamos nos nosos sitios de sempre. Despois dos 15 minutos que nos levaba, chegamos ata o noso instituto, o IES Felix Muriel de Rianxo. Temos que ir a este, porque o noso pobo era demasiado pequeno para ter un instituto, por sorte tiñamos unha escola. Este instituto era amplo e moi, moi aburrido. Un instituto vello con profesores aínda máis vellos e pesados, tal para cal. Como calquera estudante, a mañá pasaba moi lenta e aburrida. Por fin, despois de tanto sufrimento soou o timbre de saída e fun coller o bus como de costume. Ao chegar, decateime de que non estaba meu irmán (como para non decatarse de cando non esta ese bicho). Cheguei a casa, abrín a porta, e meus pais, con cara de sorpresa dixéronme:

- E teu irmán?

Díxenlle que non viñera no bus e que pensaba que estaría na casa con eles. Luis (meu pai) colleu o coche e foi mirar se quedara no instituto. Ao chegar alí e non ver a ninguén chamou a miña nai para contarlle o sucedido. Cassandra, ao escoitar estas palabras sentiu un medo indescritible ao que lle puidera pasara ao seu fillo, e sen pensalo dúas veces, saíu da casa a buscalo. Nestes momentos, eu non sabía que facer, non podía reaccionar. Decidín saír a buscalo como meus pais, non sin antes comer un anaco de pan que tiña enriba da mesa da cociña. Os tres pasamos unha longa tarde angústiante e nerviosa, pero non o atopamos. Desesperados chamamos á policía e fomos para a casa. Non puiden durmir, estaba moi angustiada. Tiña todo o medo mo peito, e unha sensación de que algo estaba saíndo mal, moi mal. Aínda q meu irmán non fose o mellor, tiña medo do que lle pasara.

Sete da mañá. Unha chamada soaba nun telefono familiar, o de Cassandra.

— Boas noites e perdoa polas molestias.

— Boas noites, que pasou, atopáchedes a Bryan?- O son da voz de miña nai rascaba como un cerollo oxidado.

— Quería dicirlle que atopamos ao seu fillo, a punto de morrer. Foi atopado nunha rúa sen saída ao lado do instituto local de Rianxo. Foi apuñalado brutalmente no peito. Nestes precisos momentos está no hospital de Santiago de Compostela e estase facendo o posible para que sobreviva.

— Vale,  moitas grazas.

Cassandra cortou a conversación e marchamos rapidamente para o hospital. Ao chegar preguntamos por Bryan Jackson, e por fin o atoparon. “2º planta, terceiro corredor, habitación 387, pero aínda esta en quirófano, alí no fondo. Na placa da porta pon o número 666. Por favor, non entredes”. Mentres que a enfermeira nos dicía iso, eu só pensaba na famosa frase que sempre me repetía meu irmán: “quen teña medo a morrer, que non naza”. Nunca pensei que se convertería en realidade. Foi unha decisión bastante errónea, pero sería a última vez que o vise, e seguindo as mesmas palabras, entrei en quirófano. Puiden ver a Bryan. Era máis horrible que os típicos cadáveres de películas de asasinatos. Quedei coa boca aberta na porta e, o estraño foi que o único que me veu foi el. Observábame  atentamente. No seu rostro víase que ocultaba algo. Co último suspiro que lle quedaba, díxome Bryan:

— Búscame.

Foi o último que dixo antes de morrer. Un son agudo percorreu toda a sala. Era o son da máquina que lle medía as constantes vitais. O son da morte. Saín daquel lugar correndo e marchei. Non sabía nin para onde ir, só quería marchar, esconderme.

As próximas semanas foron tristes, moi triste, para toda a familia e amigos. Non puideramos celebrar o funeral, xa os axentes levaranse o corpo para poder investigalo. Vagaba tristemente polos corredores do instituto, sola. Xa nin quería xuntarme cas “amigas”. Pero peor estaba ao chegar á casa, ter que soportar as caras de pena de meus pais, moito peores ca miña. Un día, estaba facendo os deberes, cando tocaron ao timbre:

— Bos días, son vostedes os pais de Bryan Jackson, o rapaz falecido as últimas semanas? — Nos seus chalecos podíase observar as siglas do FBI.

— Sí, somos nos, que é o que busca axente? — dixo miña nai.

— Estamos investigando o caso de seu fillo, sospeitamos que non foi unha morte normal, que foi un asasinato.

Notábase que miña nai estaba intranquila, e tiña cara de chorar.

— Como puido ser iso?

— Señor e señora, poderiamos falar en privado?

Cassandra asentiu ca cabeza e os oficiais entraron para dentro da casa. Tiña moita curiosidade por saber que pasara, así que puxen a orella na porta que conectaba na sala e empezou a escoitar as súas conversas.

— Estamos sospeitando que non foi un accidente, seu fillo foi asasinado. Empezamos unha investigación e agora estamos recollendo información. Se sabe de algo que puidera influír nesta morte ou algunha persoa que lle desexara algo malo a seu fillo, debe dicilo inmediatamente. Estaremos interrogando á xente, empezando por vostede, polo voso marido e, a continuación, a vosa filla Amber.

Ao escoitar estas palabras sentinme moi intranquila, corrín cara a miña habitación facendo o menos ruído posible. Tardaron unha hora en interrogar a meus pais, e despois viñeron a por min.

—  Amber, non?

— Así é — dixen cunha voz nerviosa. Notaban que estaba intranquila.

— Tranquila, que non che imos facer nada, somos boas persoas — dixo cunha voz doce e infantil — Notastes a teu irmán raro ultimamente?

— Primeiro de todo axente, non son unha nena pequena que xa teño a miña idade, e segundo, non, estaba igual que sempre — dixen algo indignada. Miña nai mirábame dende as costas destes homes. Tiña un rostro de enfadada por haberlle contestado deste xeito aos policías, pero eu non dixera nada malo. Un dos axentes notara isto, e pediulle a meus pais que marcharan, deixándonos aos tres solo.

— Descúlpeme, notábaa un pouquiño tensa. Continuo. Vas ao mesmo instituto ca el, verdade? Tiña inimigos ou sufría de bullying? — dixo aparentando amable.

— Non, non era o máis falador, pero tiña moitos amigos e case nunca tiña problemas con eles. Ademais, el sempre viña cun sorriso na cara, ou polo menos iso intentaba cando me vía — dixen con voz chorosa. Non podía aguantar máis alí, pero, tiña que soportalo.

— Um, interesante — dixo anotando algo no seu pequeno caderno — Rapaza, vosos pais fanvos algo? — o seu ton de voz baixara, seguramente para que non escoitasen meus pais.

— A que se refire con iso axente? — eu  sabía perfectamente a que se refería, pero quería escoitar as palabras saír da súa boca.

— Péganvos?

— Non, nunca o fixeron e nunca o farían — dixen indignada.

— Era solo unha hipótese muller, tranquilícese. Algúns adolescentes solen suicidarse por problemas familiares.

— Meu irmán suicidouse?

Un pleno silencio percorreu a sala. Eu estaba moi abraiada ao escoitar semellante cousa. Despois de medio minuto así, o segundo policía díxome:

— Non esta claro, pero, é unha posibilidade.

Eu estaba en shock, como iba ser iso posible. Meu irmán, que tiña a mellor vida posible, sempre contento. Pero o peor de todo era, non me dixo nada? Non podía ser verdade.

— Non — dixen segura de min mesma. — Meu irmán non se puido suicidar, imposible. Ademais, morreu por múltiples puñaladas, como ia facer iso un mesmo? Nin navalla ten.

— Como sabe todo iso?

— Como sabe vostede que eu teño a resposta que buscan para descubrir quen o matou? Moitas preguntas, e como vos, non penso responder. Pode que teña 14 anos, pero de momento non son parva — Os policías quedaron pampos.

— Volvemos agora.

Saíron da miña habitación (pena non me dou ningunha), sin antes anunciar que volverían. Dende dentro podíase escoitar que fixeron un par de chamadas e algunha palabra solta, pero eu non lle facía moito caso. Pasados uns 15 minutos petáronme na porta.

— Adiante.

— Perdón por molestarte, pero temos unha proposta para ti — dixo con voz segura.

— Que proposta?

O outro axente cerrou a porta e mentres o outro acercábase a min.

— Queremos que nos axude na investigación — dixo rosmándome no oído.

— Como? A que se refire con iso?

O axente que permanecía atrás do que me falaba, con cara de enfado e desesperado, pousoulle a man no ombro ao primeiro axente facéndolle entender que se retirase. Este empezou a falarme.

— Señorita Amber, eu son o axente Diaz, Trebor para os amigos. El é o axente Justin. Como nas películas, hai un poli bo e un malo. Justin o bo, eu o malo. A miña paciencia estase acabando.

Na miña face podíase apreciar a miña sorpresa.

— Que directo, non?

— Ser directo é moi importante no meu traballo, haber se se lle pega un pouco.

— Por favor axente, podería explicarme por que razón quererían da axuda dunha rapaza de 14 anos?

— Verá, vostede é unha rapaza do ambiente de seu irmán. Iban ao mesmo instituto e coñecen as mesma persoas. Necesitamos que investigue, algunha pista que poida atopar. Que dí? — dixo esperando que a miña resposta fose si.

— Señor Diaz, como debe de entender, non estou no meu mellor momento. Xa case nin me relaciono e pretende que me poña a investigar pola morte de meu irmán?

Eu estaba abraiada, desconcertada. Non sabia nin que dicir nin que facer. Como querían que me puxese a investigar o caso de meu irmán? Pensaban que non me afectara que morrese na miña cara? Esta parte eles non a sabían, nin lla pensaba dicir. Despois de que visen a miña cara, Trebor díxome que o pensara e Justin doume o seu número de teléfono. Marcharon ao fin. Suspirei.

Ao día seguinte estaba sola no bus. Como todas as últimas semanas. Xa me acostumara a soidade. Cheguei a clase, galego, que asco. Non me gustaba nada. O máis raro era que non estaba a vella de Herminia, esperando para meternos 5 partes a cada un. Cinco minutos máis tarde chegaron o director e un adulto. Este descoñecido aparentaba xove, entre 20 e 30 anos.

— Vos días 2 A. Este será o voso novo profesor de galego, xa que Herminia sufreu un grave accidente. O señorito Smith. Ídevos acostumando a el. Portádevos ben! — dicindo isto, o director marcha, deixándonos a solas con el.

O profesor empezounos falar da súa vida, nos tivemos que falar da nosa (obviamente eu non falei) e merdas varias. Era amable, pero moi farturento, aínda que el non era o meu tema principal. Despois diso, as clase correron tan rápido como sempre. Estivéralle dando voltas toda a mañá sobre o que me dixeran os axentes. Sería unha axente xudicial? Combatería o crime? Pero, o máis importante era, descubriría quen matou a Bryan? Moitas preguntas facíanse no meu interior, pero non sabía o que facer. No fondo, tiña medo de que me pasase o mesmo.

Xa estaba eu pasara outro día. Eu andando tranquila polos corredoiros do instituto cando, por desgracia, aparecen Sara Soller e as amigas. Máis mal non me podían caer. Nunca se acercaban a min, pero ao descubrir que estaba sola, por primeira vez en moito tempo fixérono.

— Aiiii, Jackson esta soa, que pena me da. Como se sente a soidade absoluta? Ao non ter ao musculitos de seu irmán, xa non ten amigos e aínda por riba non ten quen a defenda. — dixo Sara burlándose de min. Detívenme en seco e vireime para ver aquela repúgnate cara. Sempre lle contestaba, deixándoa en evidencia, pero nestes momentos estaba tan enfadada e depresiva como para solo facer iso. E, sen pensalo dúas veces, actuei.

«Amber Jackson, a dirección». Eran as palabras da subdirectora que se escoitaban por todo o corredor. Tiven que esperar uns 20 minutos a que puidera chegar miña nai para que de seguido, lle anunciasen que estaba expulsada unha semana. E non me arrepentía, non, fixen o que se merecía. Dende fora do despscho podíanse escoitar os berros da miña nai ca directora e a nai de Sara Soller, que tamén estaba así:

— Non ten dereito a expulsar a miña filla só porque lle deu o que se merecía a unha maleducada que non sabe respectar á xente! — dixo miña nai. Era a vez que máis enfadada a vira.

— Nin se lle ocorra insultar desa maneira a miña filla, non ten dereito ningún! É súa filla quen debe de controlar a man. — dixo a nai de Sara, xa sei a quen imita ela de lista.

— Tranquilizádevos! — dixo o director tentado acabar ca disputa — Despois de pensalo decidimos expulsar as dúas por unha semana. Os actos que sucederon non foron nada normais, polo que é inxusto so expulsar a unha. E señora Soller, coide os modais de súa filla, xa o estamos pasando todos mal.

— Isto é inxusto. Miña filla nunca diría nada diso, e a persoa que a agrediu foi Amber. Este é un castigo inxusto — dixo Madelaine escusando a súa filla.

— Con coidado do que di, hai testemuñas que aseguran que o dixo e tamén temos cámaras que o demostran todo — dixo o director — e non se fale máis.

Entre murmurios a nai de Sara saíu do despacho e agarrando a súa filla polo brazo, marcharon. Pouco despois, saíu miña nai, dicíndome que fose buscar as miñas cousas. Cando cheguei a clase, imaxinábame que non habería ninguén, xa que anteriormente tocara o timbre de saída. Entrei a dentro e alí estaba o señorito Smith, recollendo as súas cousas. Eu tamén me puxen a recoller as miñas, mentres que el me falaba dos deberes e as cousas que fixeran na aula, e tamén lle falei eu do porque estaba en dirección e expulsada. En verdade non era como pensaba, era unha persoa a cal me entendía, sin dubida o mellor profesor. Pasaron 10 minutos ata que me veu buscar miña nai, e en todos eses minutos quedou unha frase que me dixo o señorito Smith: «se te sentes mal tes que curar a túa pena de calquera forma» Como quería que puidese curar esta pena que me mata por dentro? Moitas preguntas e poucas solucións. Pensando nisto dinme de conta que tiña que axudar.

— Bos días, axente Justin á fala, que desexa?

— Boas, son Amber, decidinme. Quero colaborar no caso.

— Que ben! Contareille isto ao axente Diaz. Ti solo tenta encontrar algunha pista solta ou actitudes estrañas. Se sabe algo novo, por favor contácteme — dito isto, Justin colgou a chamada. Eu estábame preguntando, que se supón que teño que facer? Pero como sempre fago, terei que improvisar , como sempre.

Aproveitei esta semana expulsada para poñerme ao día cos deberes, e por suposto tamén para recoller información. Quería buscar no instituto, pero como era lóxico, non podía. As veces cando me aburro ou me sento nerviosa gústame saír a dar un paseo, e eso foi o que fixen. A maioría de veces iba con Bryan, pero agora tiña que ir eu sola. Miña nai non me deixaba saír da casa, xa fora por medo a que me pasara algo ou pola vergoña que lle daba que me visen os veciños e que pensasen que non fun ao instituto apropósito. Nestas alturas xa me daba igual todo, así que saín pola xanela cando miña nai estábase duchando. Esta vez fun pola ruta “secreta” (polo medio do monte) onde non me vía case ninguén. Polo camiño vira cousa que nunca vira, graffitis pintados nas árbores. Eso nunca estivera alí. Pareime nunha ponte que había, esta si que estaba chea deles. Había un que me chamaba moito a atención: Bryan morietur, si non quaerere illum. Bryan? Esto estaba escrito cunhas letras que daban moito medo. E non era este o único, habia máis. Parecía o mesmo pero en distintos idiomas. Despois de un rato observando isto, retomei a miña marcha. Eu habríalle sacado unha foto, pero quitaronme o movil. Despois de unha hora do meu longo paseo chegei a casa e sen facer ruido trepei pola árbore que estaba ao lado da miña xanela para poder entrar. Increible. Non se deran de conta de que marchara.

Día despois deste suceso, púxenme a buscar na habitación de meu irmán algo relacionado con aquelas pinturas. Busquei no escritorio, xanelas, na cama e incluso debaixo dela... o único que encontrei eran revistas (non moi agradables, que se poida decir). Estiben mirando nas estanterias. Tiña moitos libros, algo moi raro nel. O que máis me sorprendeu é que estaban en distintos idiomas: ingles, francés, rumano, latín... Non sabía a que viña todo eso. Estaba a punto de coller un, cando uns pasos sonan por todo o corredor. Escondinme o máis rapido que puden. Esperade, non vos dixen, meus pais non me deixan entrar na habitación de meu irmán, que se me esquecía de dicirvos. Continuo, metinme dentro do armario. Non era o mellor agocho, pero si o máis rápido. O son dos pasos escoitábase cada vez máis preto de min, e a porta abriuse. Pouco durou aberta. Cando marchou esperei un pouco, e de paso investiguei o armario. Coa escasa luz que ten o meu reloxo busquei algunha cousa máis por alí. Como de normal, non había nada. Farta de estar alí dentro, decidín saír de alí. Como era pequeno, apoiei a man na parte que está chantada contra a parede, e sentín algo raro. Era como se houbese un oco. Toquei varias veces, e efectivamente, alí había algo. Estaba abraiada, primeiro os libros e despois isto? Flipo. Ao fin saín de alí, sen facer ruído ningún. Non se deron de conta, como de costume.

A semana pasou rápida, e non, non volvín máis a habitación de meu irmán. A razón, pois non sei, non tiña ganas de seguir mirando alí. Ademais non podía romper o armario, e miña nai andaba todo o día preto de alí. Estaba aínda peor que antes, moitas máis preguntas e moi poucas respostas. Bueno, o caso, que empezaba outra vez o instituto. Estaba decidida a encontrar máis pistas. Tamén tiña pensado retomar as miñas amizades (si era que querían volver ser miñas amigas). Cheguei ao bus e puxen o sorriso máis grande que puiden.

— Ola, podo sentarme contigo? — díxenlle a Naila cando entrei no bus. Naila era a miña mellor amiga, pero distanciámonos polo que pasara.

— Claro que si — díxome con cara alegre. Seguramente mo dixo por pena, pero xa me daba igual.

Xunteime cas de sempre e parecía que non pasara nada. Facíame falta volver retomar as amizades, xa que elas son as que me apoian e me entenden. Hoxe estaba decidida a que todo volvese a rutina de sempre, máis ben case todo. Iva a encontrar máis pistas. Agora xa non tiña a meu irmán para que me defendera, pero en verdade nunca me fixo falta. Despois do que lle fixera a Sara xa todos me tiñan medo.

Tivemos as clases de todos os días e todo eso. Teño que admitir que me rin bastante.  Estaba decidida a investigar, así que no segundo recreo separeime das amigas para poder ir atopar pistas. Ocorréuseme mirar na aula de meu irmán. Sorte de que non había ninguén. Tiña 10 minutos para buscar calquera cousa que houbese por alí. Na mesa del xa non había nada, xa que lle recolleran todo. Busquei polo chan, xanelas, mesas e por último o taboleiro de cortizo. Alí poñíanse papeis e máis cousas. Había un papel asinado por meu irmán, era como unha carta rara. Collina rápido e marchei, deixando alí calquera outra pista que non vise. Mirei a ambos lados do corredoiro e non había ninguén, pero unha sensación de que me estaban mirando percorríame todo o corpo. Soou o timbre e fun coller as cousa. Esa mesma tarde saín a correr, pero non como todos os días. Fun ata o instituto. Quería investigar. E diredes, como entrastes? Pois púxenlle cara de pena ao conserxe e deixoume “ir buscar as cousa que deixara meu irmán”. Mirei por todos lados (biblioteca, cafetería, aula de musica...) e nada. Rendida marchei para poder mirar aquel papel que me encontrara. Estaba saíndo do centro e poñéndome os cascos para poder escoitar música, cando un coitelo pasoume por diante da cara. Tiven sorte de non dar un paso adiante porque ou se non meu cranio acababa partido a metade. Rapidamente xireime para mirar quen fora o tolo e unha persoa vestida de negro estábame observándome dende o aparcamento do instituto. Ao ver que o mirara marchou correndo. Quitei a sudadera, envolvín o coitelo sin tocalo e marchei correndo. Estaba algo asustada, pero non tanto como debería de estar. Cheguei a casa, collín unha caixa de cartón e metín o coitelo dentro. Aínda que non sabía que pasara, intentei centrarme noutras cousa, como por exemplo aquela nota de meu irmán. Espera, e se o que lanzou o coitelo veume coller a nota? Imposible, non había ninguén. Ou si? Bueno, cando pensei eso apresureime a coller aquel estraño papel. Eso ninguén o entendía, excepto meu irmán, sabía que era raro pero non pensaba que chegaría a este punto. Como non entendía nada, usei o tradutor de Google. Neste caso non se me ocorría nada mellor que facer, e era o máis rápido. Bueno, fallou bastante, pero xa mo esperaba. Estaba en latín, como as frases que había na ponte. Había unha parte con texto e outra como cunha lista, eso foi o único que entendín a medias. En verdade non o entendín, solo que había nomes de persoas que coñezo e levaban unha inicial antes. Non sabía porque a tiñan, xa que ningún dos amigos tiña dous nomes. Para que saibades, os nomes eran: E. Marc, A. Alex, I. Asher e M. Sara. Non podía ser, Sara? Solo espero que non sexan Sara Soller e Marc Soller. Sí, Sara ten un irmán chamado Marc. É ben feo e parvo. O peor é que antes (cando eran pequeno) levábanse ben, e nosos pais tamén. Non sei como puidemos soportalos. O caso é que non entendía que podía significar eso. Despois de pensar entroume unha idea moi boa: mañá falaríalle a Asher e preguntaríalle por todo isto.

Martes, oito vinte e sete. Alí estaba Asher de pé como todos os días, esperando a que os seus amigos chegaran. Aproveitei para non deixalo moito en vergoña (eso é o que me dicía meu irmán que non fixera) e funlle preguntar. Ao verme chegar sacoume un gran sorriso.

— Ola Amber! Que tal? — díxome el con ton doce.

— Ola. Moi ben e ti? — díxenlle co mesmo ton. Mentres que lle dicía iso pasou outro alumno de 4º e pegoulle por detrás (isto significa que pensaba que estaba ligando con migo)

— Non lle fagas caso. Bueno, que querías?

— Xa. Queríache preguntar que significa isto — díxenlle mentres lle ensinaba o papel.

— Non pode ser, Amber garda iso rápido.

Apresureime a gardalo e despois continuei falando.

— Elo? Que ten? — preguntei confusa.

— Amber, agora non che podo explicar nada. Mira, quero que veñas a miña casa hoxe as cinco. Este é un tema moi serio e non cho podo dicir aquí — díxome con cara de preocupado. Eu asentín e marchei xunta as miña amigas. Elas estaban panpas como sempre, a pensar en chicos, pero eu que lles iba facer.

Catro e media. Estábame preparando para marchar a casa de Asher, que quedaba a 20 minutos andando da miña. Collin o papel e iba marchar. Non pensaba dicirlle nada do coitelo. Non quería revelar máis información do necesaria. Estaba saíndo pola porta cando me di miña nai:

— Amber, a onde cres que vas?

— Vou dar un paseo, airearme un pouco. — dixen tentando disimular.

— Non vas ir a ningún lado. Pensabas que che iba deixar? — dixo enfadada.

— Si.

— Pois non. Así que volve pa dentro.

— Mama, non van matar a todo o mundo, o de Bryan foi un accidente. Non me vas ter encerrada ata os 30 anos, teño vida — dicindo isto a pleno pulmón, marchei. Pensaba terme encerrada na súa casa toda a vida? Non señor. Xa verei o que fago eu a noite...

Cheguei á casa de Asher, e súa nai foi quen me abriu a porta. Entrei e fun cara a súa habitación. Xa sabía onde era, de traer a meu irmán a súa casa. Cando cheguei arriba encontrarame con Alex, o outro amigo de meu irmán. Eran os tres os mellores amigos, os tres mosqueteiros. Alex sempre me gustara, pero nunca lle dixera nada, nin pensaba.

— Ola Amber — dixéronme preocupados.

— Boas. Haber, podédesme dicir que foi o que realmente pasou con meu irmán — dixen. Vale, pode que fose algo directa.

— Bueno... Um... Como cho explicamos? — dixo Alex. — Teu irmán era unha especie de adiviño.

— Como? Non estou aquí para que andedes a gastarme bromas.

— Non é unha broma, é a realidad. El sabía en que momento xusto ian pasar as cousas, e eso escribíao. Por eso o papel que tes na man.

— En que momento meu irmán sabe latín? — dixen eu estrañada.

— Acórdaste  cando fomos a roma o ano pasado? Había unhas especies de tumbas en latín e resultounos interesante o idioma. Así que decidimos aprendelo.

— E todos os graffitis que estaban pintados na ponte, fóstedes vos?

— Como? Que graffitis — dixeron abraiados.

— Si, nunha ponte que hai. Queredes ir vela?

Os tres levantámonos e fomos alí. Ao chegar quedaron asombrados. Miráronse fixamente a un ao outro. Asher foi o primeiro en dicir algo:

— É aquí.

— Si — dixo Alex.

— Como que é aquí? Explicádevos — dixen.

— Teu irmán dixéranos que buscásemos o lugar onde empezou todo, e cremos que é aquí — dixo Alex

— E porque iba ser aquí?

— Aquí é onde empezou a nosa amizade. Aquí tiñamos construído unha casa nunha árbore. Concretamente, nesa — díxome sinalando a árbore que estaba detrás miña.

— Esperade, que pon aí? — dixo Asher sinalando unhas estrañas letras que poñían na árbore.

— Vos saberedes, eu non sei latín — dixen eu.

— Haber, que aí pon tres iniciais, A A A. — dixo Alex.

— Amber, Alex, Asher — dixo Asher. Alex e eu quedamos mirando cara el, como foi capaz a descifralo?

— Vaia crack que es macho — díxolle Alex.

Achegueime a parte de atrás, e si, había máis cousas escritas. Chamei aos chicos e eles souberon descifralo.

— Descubride quen me matou, se queredes verme — leu Asher

— A que se refire? — díxenlle a Asher.

— Pois non o sei — dixo Alex.

— Espera, Asher. Túa nai non se graduou en criminoloxía?

— Si por?

— Necesito que lle faga unha dactiloscopia a un coitelo que teño.

— Vale, pero porque?

— Explícovolo agora.

Despois de iso fómonos para a miña casa e funlle contando todo. Chegamos e dinlle o coitelo para que o levara. Sí, entrei pola xanela e despois saín por ela outra vez. Cando marcharon, toquei ao timbre. Abriume miña nai a chorar, fora un momento moi incomodo, pero amañamos as cousas.

Tres e trinta en tres da mañá. Chamoume Asher. Tiña respostas, e menos mal:

— Amber, teño os resultados. Estas lista?

— Sempre — dixen. Era unha das veces que máis nerviosa estaba. As bolboretas do meu estómago non cedían.

— Ai vai... —  dixo Asher. Estaba inquieta, quen sería a persoa que querería matarme?

— Asher, dio xa, que non aguanto máis.

— Sara, Sara Soller — dixo por fin. Houbo un silencio.

— Seguro?

— Amber, isto nunca faia.

Non reaccionaba. Como era posible que unha antiga amiga túa se convertera nunha psicópata? Aínda que desa familia de tolos esperábame de todo. Sentía rabia, dor e medo. Íase decatar, porque con Amber Jackson ninguén se mete, e ca súa familia aínda menos.

Non durmín en toda a noite, estiben pensado en todos os sucesos. Chegou o día decisivo, onde todo acabaría. Podía morre, podía seguir viva, eu iso non o sabía. Ao que fose. En verdade, xa me daba igual todo. Estaba por tirarme pola xanela, pola mesma por onde baixaba escondida para atopar pistas que me levaran a sitios peores que antes. A única parte positiva era que xa tiña todas as respostas, non?


As catro cincuenta e seis. Estaba andando polas calles de Orix, chegando a casa de Sara Soller. Non sabía que iba facer, nin como ela iba reaccionar. Ao que saíse. Cheguei. Toquei ao timbre e un son agudo percorreu toda a casa. Esta era moi grande, como unha mansión. Sin dubida nunca lle faltaron os cartos. Marc abriume a porta, cunha cara de asco incrible. Obviamente eu devolvinlla e entrei para dentro. Alí adiante, enriba das escaleiras, estaba ela. A psicópata. Máis coñecida como Sara. Baixou mentres que me miraba atentamente. Non me dixo nada. Fixeime que na cociña tiñan un aparato para gardar os coitelos e, por suposto, faltáballe un.

— Que queres? — díxome ela con ton de enfadada.

— A nada, solo quería recordarche que aínda teño o coitelo que me lanzastes á cara. Non lembras? — díxenlle segura.

— Toleaches? — díxome. Despois diso, fíxolle unha sinal ca man a seu irmán e este pechou a porta e marchou — Tíñache por parva eh, non me esperaba que o descubrises.

— Parva eu? Non me fagas rir oh. Recórdoche que eu non repetín 6º de primaria. — dixen, seguíndolle o seu ton.

— Que graciosa.

— Bueno, Sara, haber si adiviño, tamén to pasastes tan ben como con migo matando a meu irmán, no? — dixen seguíndolle a “gracia”. A súa expresión facial cambiou de graciosiña a enfadada. Sara acercouse a xanela que tiña na sala.

— Bueno, estas feita unha adiviña. Haber, adiviña que vou facer agora. — dicindo isto arrancou como unha tola a cortina da xanela.

— Matarme? — dixen segura. Sabía perfectamente o que iba facer, pero non tiña medo ningún. Estaba segura de min mesma. Por primeira vez na miña vida cría en min. Xa me daba igual que morrese ou non. Podía con Sara, xa o fixera máis veces.

— Bingo.

Sara abalanzouse enriba miña tentando atarme a cortina ao pescozo, para proximamente aforcarme. Intentei resistirme o máximo que puiden pero non sei como logrou engancharme a cortina ao pescozo. Estaba empezando a perder a consciencia. Xa case non podía respirar cando me acordei de Bryan. Tiña que ser forte coma el, ou tentalo selo. Recordei un truco que me ensinara el para saír dun mata leóns, que basicamente era a mesma cousa. Ca forza que me quedaba botei o cu para atrás e inclineime e Sara dou como unha voltereta. Ao dala soltou a cortina, deixándome solta para poder seguir respirando. Levanteime como puiden en marchei a correr daquela casa de tolos.

Vale, pensaredes que son parva ao ir alí, case morrer e non ter ningunha pista que os culpe. Pois non. Teño toda a conversa gravada. O primeiro que fixen cando saín da casa dos Soller foi ir directamente a policía e ensinarlle todas as probas. Claro que tamén chamei a Alex e a Asher para que testificasen na súa contra. E non só na contra de Sara, se non tamén de Marc. Resulta que el estivese mandándolle mensaxes ameazantes a meu irmán e eles. Con todas as probas que tiñamos, era imposible exculpalos. Nin seus pais o podían pagar. Os policías foron a buscalos pero solo puideron reter a Marc, xa que Sara escapara da casa. Esa maldita malcriada escapara da casa? Non mo creo. Seguramente que a axudaron. Bueno, o máis importante era que se fixera vinganza. Pero, aínda quedara unha pregunta sen resolver. Porque quixo Sara matar a meu irmán?


Dende iso pasaron meses, moitos meses. Xa era verán. Todo volvía a normalidade. Agora a felicidade volvera aos ollos de meus pais, e eso poñíame moito máis contenta a min. E non pensedes que nos esquecemos de Bryan, nunca poderíamos. Por certo, Sara non aparecera e estábana buscando todos. O máis seguro sería que morrese de fame e estivese por alí tirada polo medio do monte. Eso lle pasa por facerse a exploradora. O que eu aprendera eses días é que despois da tormenta sae o sol, ou eso era o q cría. Que ilusa son eh.

Vinte e tres de xullo. Estaba correndo, como todas as mañás de verán, polos arredores. Pasei pola zona pobre, a rica e tamén polo monte (por aquela ruta secreta). Aínda seguían alí todos os graffitis, pero estrañoume un que había. Era novo, xa que o día anterior non estaba alí. Un mal presentimento pasoume por todo o corpo. Sabía que algo estaba mal. Arrimeime ao graffiti, e como todos estaba escrito en latín. Saquei o móbil do peto do pantalón e tentei traducino, pero non me aparecía nada. Como boa parva que son seguín correndo, e intentei pensar que non era nada, cando claramente era algo. Cheguei ao parque do concello de Rianxo e, non mo podía crer. Imposible. Estaba no outro mundo. Estabamos fronte a fronte, acercábase pouco a pouco a min, pero eu non era capaz a moverme:

— Sara... — dixen por fin.

Rapidamente deixou de andar e empezou a correr cara min. Tiña cara asasina. Sara sacou unha navalla, e sin darme tempo a reaccionar, cravouma no peito. Derrubeime no chan de dor e Sara marchou a correr, deixándome o coitelo cravado pouco máis arriba do embigo. Estábame desangrando, perdía moita sangue. Sentín que me collían nos brazos e me levaban. Abrín os ollos por última vez antes de non sentir nada e puiden ver o rostro de Alex preocupado por min. Xa case non podía nin pensar. Xa non vía nada, e sentía aínda menos cando escoitei algo, era un voz doce, resultábame moi coñecida. Pero a voz non viña de fora, e sabía que non era invención miña. Intentaba descifrar que dicía, cando descubrín quen era. Meu irmán.

— Encontrástesme.

Despois de que me dixera iso xa non se escoitaba máis. Ningún murmuro nin nada. Era como si deixara de sentir. De existir. Como se se fora definitivamente. Sentín un vacío moi fondo no meu interior, e acto seguido perdín a consciencia.


De fondo víase unha silueta, Alex. Mirábame atentamente dende unha cadeira situada ao lado dunha cama. Ao ver que despertara levantouse e achegouse a min. E para os que non se desen de conta, si, revivín. Amber Jackson seguía viva, non sei nin como nin porque. Xa me puideran deixar no outro mundo, tamén che digo. Mirei ao meu redor e só estaba el.

— Amber, que viches?


Douvos un breve avance, volverei. Esta historia aínda non rematou.


Carla Fungueiriño Lorenzo 

1ºESO A


No hay comentarios:

Publicar un comentario